Boa tarde,
Efectivamente estou retirado hai xa tempo, e agora só faigo colaboración
moi esporádicas. Pero sigo vivo, wue xan non é pouco.
Vou enviar este correo cc a trasno e a Miguel, que te han guiar en boa
dirección.
Saúde e ánimo. Para calquera axuda que precises, se poido, hei botarche un
cabo.

@miguel branco, este home quer colaborar na tradución de Kde, que lle podes
contar?

O 12:06, mar., 31/12/2019, Delio Docampo Cordeiro <deliotrab...@yahoo.com>
escribiu:

> Bos días,
>
> Atopei esta dirección de email nesta wiki
> http://www.trasno.net/wiki_subdomain/KDE/
>
> Se xa non estás no proxecto ou algo, che agradecería unha resposta, pois
> vai uns días escribín a dirección que está posta na web oficial
> do grupo de tradución ao galego de KDE:
> https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl
>
> Todo o que busquei do proxecto trasno parece desfasado como si dende o
> 2018 non se tocara, pero
> pode ser que sexa por que mudastes o dominio ao .gal .
>
> Na web de KDE poñen coma dirección de contacto:
> "*Mailing Lists:*
>
> * proxe...@trasno.net <proxe...@trasno.net> (**información acerca da
> rolda <http://www.trasno.net/trasno:lista>**)*"
>
> Se ese correcto está activo, por aí debe andar a miña candidatura.
>
> Bueno o caso é que son usuario de kde dende a 3.algo e obviamente de
> plasma 5, uso archlinux, sei programar
> e teño o ciclo superior de ASIR, non quero estender moito o email pero
> calquer dúbida podédesma consultar.
>
> Xa me fixen conta en KDE e lle adiquei unhas boas horas a ler as faq,
> manuais e howto.
>
> Que teño que facer pra comezar a colaborar coa tradución de KDE?
>
> Saúdos
>
>
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6941&h=c8c4551cd17f4fae9edec71e405e856c22541a5e&sa=1154926707

Reply via email to