David, Delio, acabo de rematar de reescribir
https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl/blob/master/README.rst 

Os 4 pasos da sección «Get Started» deberían ser abondo para traducirdes
o que queirades. Así que estades a 4 pasos de traducir software de KDE
:) 

Calquera dúbida, aquí me tedes. 

On 2020-01-04 11:13, Adrian Chaves wrote:

> Xusto hai unhas semanas me contactara outra persoa interesada en traducir 
> software de KDE :) 
> 
> Teño algunhas tarefas pendentes para mellorar o fluxo de traballo entre 
> varias persoas, pero de momento copio e pego o que lle escribín á outra 
> persoa:
> 
>> Pois para empezar:
>> 
>> 1. Mira de instalar Git, Lokalize, e o sotware de 
>> https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl#requirements , e indícame 
>> calquera problema.
>> 
>> 2. Non creo que o necesites a curto prazo, pero se tes ou te creas unha 
>> conta en Gitlab, dime cal é e podo darte acceso de escritura a 
>> https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl
>> 
>> 3. Desde https://websvn.kde.org/trunk/l10n-support/gl/summit/messages/ 
>> podes examinar e descargar os ficheiros de tradución actuais, e abrilos 
>> no Lokalize para ver un pouco como funciona o programa. Non ten moita 
>> complicación, os ficheiros teñen unha lista de parellas de mensaxes, en 
>> inglés e en galego, e hai que completar as entradas en galego sen 
>> traducir ou corrixir as xa traducidas. Se tes Suversion instalado, 
>> quizáis sexa máis cómodo descargar o cartafol enteiro con «svn checkout 
>> svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/gl/summit/messages [1]». 
>> Así podes abrir o cartafol enteiro con Lokalize, creando un proxecto de 
>> Lokalize. E aí podes filtrar facilmente os ficheiros que te interesen 
>> (p. ex. os que conteñan «mobile»).
>> 
>> 4. Podes consultar en http://termos.trasno.gal/ a terminoloxía que temos 
>> normalizada en Trasno. Procuramos escoller palabras concretas coas que 
>> traducir conceptos concretos para que as traducións ao galego sexan o 
>> máis homoxéneas posible no software libre no seu conxunto. Ademáis da 
>> terminoloxía temos outras directrices, como usar a forma de respecto 
>> (vostede) para dirixirse aos usuarios salvo no caso de videoxogos, ou 
>> usar as formas acabadas en -bél en lugar das acabadas en -ble. Estaban 
>> documentadas no wiki de Trasno, pero creo que o wiki se perdeu durante 
>> unha migración :(
>> 
>> 5. Cando te aburras de examinar os ficheiros de tradución e diches 
>> instalado Pology, podes probar a usalo un pouco. Úsase principalmente 
>> para detectar erros nas traducións ou traducións que non seguen as 
>> directrices de Trasno, pero tamén pode usarse para buscar e substituír 
>> nas traducións: 
>> http://pology.nedohodnik.net//doc/user/en_US/index-mono.html#ch-sieve
>> 
>> No tempo que ti andas con estes pasos, tocarame preparar 
>> https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl para poder usalo sen ter unha 
>> conta do Subversion de KDE con permisos de escritura. Polo visto non é 
>> posible darte permisos de escritura só nas traducións ao galego, senón 
>> que cando teñas os permisos os terás en todo o repositorio, así que por 
>> motivos de seguridade terás que levar un tempo traducindo para que te 
>> dean permisos para enviar as traducións directamente ao repositorio. Ata 
>> entón o que traduzas terás que enviarmo a min e eu subilo ao 
>> repositorio.
>> 
>> Espero que non sexa moita información. En calquera caso, tómao con calma 
>> porque pode que non dea actualizado 
>> https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl ata dentro dun par de semanas.
> 
> On 2019-12-31 14:46, mvillarino wrote: 
> 
> Boa tarde, 
> Efectivamente estou retirado hai xa tempo, e agora só faigo colaboración moi 
> esporádicas. Pero sigo vivo, wue xan non é pouco. 
> Vou enviar este correo cc a trasno e a Miguel, que te han guiar en boa 
> dirección. 
> Saúde e ánimo. Para calquera axuda que precises, se poido, hei botarche un 
> cabo. 
> 
> @miguel branco, este home quer colaborar na tradución de Kde, que lle podes 
> contar? 
> 
> O 12:06, mar., 31/12/2019, Delio Docampo Cordeiro <deliotrab...@yahoo.com> 
> escribiu: 
> 
> Bos días, 
> 
> Atopei esta dirección de email nesta wiki 
> http://www.trasno.net/wiki_subdomain/KDE/ 
> 
> Se xa non estás no proxecto ou algo, che agradecería unha resposta, pois vai 
> uns días escribín a dirección que está posta na web oficial 
> do grupo de tradución ao galego de KDE: 
> https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl
> 
> Todo o que busquei do proxecto trasno parece desfasado como si dende o 2018 
> non se tocara, pero
> pode ser que sexa por que mudastes o dominio ao .gal . 
> 
> Na web de KDE poñen coma dirección de contacto:
> "_Mailing Lists:_ 
> 
> _ proxe...@trasno.net (__información acerca da rolda [2]__)_" 
> 
> Se ese correcto está activo, por aí debe andar a miña candidatura. 
> 
> Bueno o caso é que son usuario de kde dende a 3.algo e obviamente de plasma 
> 5, uso archlinux, sei programar
> e teño o ciclo superior de ASIR, non quero estender moito o email pero 
> calquer dúbida podédesma consultar. 
> 
> Xa me fixen conta en KDE e lle adiquei unhas boas horas a ler as faq, manuais 
> e howto. 
> 
> Que teño que facer pra comezar a colaborar coa tradución de KDE? 
> 
> Saúdos

  

Links:
------
[1]
http://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/gl/summit/messages
[2] http://www.trasno.net/trasno:lista
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6954&h=ac50a5607294a6aad41f624a2090051e7182efdc&sa=549858419

Responderlle a