Moi ben explicado, Adrián. Resumo  as túas propostas, engado as do 
glosario de Bouzada e os meus catro patacos:

PUSH - PULL

* transmisión automática - transmisión manual
* Notificación transmitida por iniciativa do servidor - notificación
transmitida por iniciativa do cliente
* notificación levada - notificación traída
* notificación ao servidor - notificación ao cliente
* notificación do servidor - notificación do cliente
* notificación acollida - notificación recadada

Xosé

O 24/08/20 ás 22:13, Adrian Chaves escribiu:
> Eu non o acabo de ver.
>
> Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao servidor,
> a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a
> entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas
> serían «notificacións do servidor», e ningunha delas sería realmente
> unha «notificación do cliente».
>
> O concepto da Wikipedia en catalán¹, «de transmisión automática» para
> «push», que podería contrastarse con «de transmisión manual» para
> «pull», gústame máis. Pero igual é longo de máis. E tamén ten os seus
> problemas, xa que no que respecta ao usuario final, normalmente todo é
> automático (nas pull, o cliente normalmente consulta as notificacións
> automaticamente cada certo tempo).
>
> «Notificacións transmitidas por iniciativa do servidor» e «notificacións
> transmitidas por iniciativa do cliente» son longas de máis.
>
> Igual habería que considerar traducir o concepto literal de push e pull
> para isto. Como estades a traducir o «push» e «pull» de Git, que
> conceptualmente é bastante similar (só que en vez de cliente-servidor
> son realmente entre iguais)?
>
> «Notificacións levadas» (que o servidor leva ao cliente) e
> «notificacións traídas» (que o cliente trae do servidor) acáeme mellor.
> Quizáis «de levar» e «de traer» sería menos propenso a confusión, pero
> dáme a sensación de que soan peor. Ou quizáis poidamos pensar noutra
> parella de palabras, pero sen entrar en palabras que sexan susceptibles
> de confusión en contextos próximos (p. ex. descargar, enviar,
> solicitar). Pensei en turrar/tirar, pero «turrar» non o escoitara antes
> e «tirar» ten connotacións negativas; gustábame «puxar», pero parece que
> pode significar ambas as dúas cousas.
>
> —
> ¹ https://ca.wikipedia.org/wiki/Tecnologia_de_tramesa_autom%C3%A0tica
>
> On 2020-08-06 12:37, Miguel Bouzada wrote:
>
>> Non me desgusta nada a opción:
>>
>> push notificaion → notificación do servidor
>>
>> pull notification → notificación do cliente
>>
>> IMHO que sexa do... no canto de ao... é máis claro e directo, aínda que
>> pode que nalgún contexto acaia o outro par
>>
>> O mér., 5 de ago. de 2020 ás 20:13, pd (<eukel...@gmail.com>) escribiu:
>>
>> unha traducción simple baseada no significado do concepto sería
>> "notificación ao cliente" (ou "notificación do servidor") para as
>> notificacións push e "notificación ao servidor" (ou "notificación do
>> cliente") para as notificacións pull
>>
>> Isto asume implícitamente unha arquitectura cliente/servidor non
>> necesariamente presente no termo inglés, pero na práctica estase a
>> asumir implicitamente esta arquitectura no uso habitual do termo
>>
>> On Tue, Aug 4, 2020 at 10:55 AM Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>> wrote:
>>
>> Cada vez atopo máis a presenza de «push notification» e non temos unha
>> tradución para iso, ata o de agora limitabame a traducilo por
>> «notificación "push», pero creo que chegou a hora de buscar anha mellor
>> solución.
>> Buscando explicación de que é e como funciona este tipo de notificación
>> atopei:
>> https://www.qode.pro/blog/que-son-las-notificaciones-push/
>> ou no blog do choio de Fran (se é que non cambiou)
>> https://blog.opennemas.es/articulo/articulos/notifications-push-que-son-como-funcionan/20190401130348002240.html
>>
>> A alguén se lle ocorre algún xeito de tradución?
>>
>> --
>>
>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>> http://galpon.org
>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> proxecto@trasno.gal
>> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
>> Trasno
>> - Cancelar a subscrición  no URL:
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7010&h=69c9bba81034c85566b197833dc1f1ef9604ad96&sa=762977290
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> proxecto@trasno.gal
>> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
>> Trasno
>> - Cancelar a subscrición  no URL:
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7023&h=484a7f53fdeef2a3a20da2c5cee7aa8c0617c5c7&sa=115412029

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7041&h=c6fab5a4de3279b9b9f420ef19bd782b59eff3c4&sa=1383146732

Responderlle a