El lun, 1 mar 2021 a las 0:56, Antón Méixome (<cert...@certima.net>) escribió:
> Fantástica a publicación do foro Xabier > > Podes "extraer" directamente esas frases? Habería que reelaboralas. > Tal como están serán rexeitadas aínda que non teñan erros > ortográficos. Son mal galego. > Non sei se entendo o que me preguntas, paréceme que falta contexto... refíreste ás frases que empezan por "me", "che", "te"... estilo feijoniano? Se é iso, penso que é bastante sinxelo filtrar as mais flagrantes. Pódense desbotar ou separalas para editalas manualmente de xeito mais cómodo, e despois volvelas integrar co resto. Se vemos que paga a pena o esforzo mesmo podemos tentar separar por unha banda as que estean claramente mal (as que empezan con eles) para editar ou desbotar, e as que poidan ser sospeitosas (no medio da frase) para revisar e darlle o visto bo ou amañar. > As frases que son iguais pero teñen distinta entoación son válidas (o > modelo de lingua ten que recoñecer cando se pregunta, cando se ordena, > cando se afirma para transcribir ben o que se lle diga á intelixencia > artificial). A entoación e prosodia teñen que estar nas frases para > que os doadores de voz graven eses trazos. > Entón mantéñoas como diferentes. Aínda así teño que buscar a maneira de que me considere repetición frases como a fiestra está aberta. A fiestra está aberta. A fiestra está aberta porque polo momento 'uniq' enténdeas como diferentes, e desas cólanse moitas. > > O das palabras malsoantes... > Eu rexeitaría frases escatolóxicas pero non frases con insultos. É > léxico, é entoación, é expresión. > O problema é que iso se lle vai mostrar a alguén na pantalla para que > o lea. No caso galego non é demasiado grave pero noutras culturas este > é un problema que está sobre a mesa de Mozilla. Por exemplo, os > hebreos non se ven dicindo frases de contido erótico en voz alta > (Nena, que boa estas!). En países musulmáns parécelles fortísimo dicir > "Esa muller vale por vinte homes"... > > A lóxica indica que o doador de voz pode/debe evitar gravar aquelas > frases que lle resulten inapropiadas; por iso as frases se presentan > na pantalla e podes saltar á seguinte, simplemente. > > Poñamos que alguén sobe unha frase que diga algo profundamente > insultante: "A nai que te pariu non paga a corda coa que había que > aforcarte!" > Será correctísima pero eu evitaría metela no corpus. Non engade nada > de léxico, nin de expresión que sexa útil. É agresiva para o validador > de frases, para o doador de voz e para o validador de gravacións. > > Polo contrario recoller cousas como "Comportácheste coma un mamalón", > "Vaia pailán que se che achegou", "Máis parvo e non naces!" ... serán > molestas para algúns pero creo que forman parte dunha expresión > incluso non agresiva, que se pode ata dicir con cariño. > > É o meu criterio, naturalmente. > > Concordo co criterio, pero salvo que se nos ocorra algunha palabra que claramente non deba estar, é unha labor que non vexo fácil automatizar. > Sobre as palabras que non rematan frases, teñen toda a pinta de ser > frases cortadas, non? ou se reformulan ou hai que desbotalas. Non sei > se sería moi produtivo facer un filtro con preposicións, pronomes > soltos e así... > > Sí, é xusto iso, fallos no tokenizador que divide o texto en frases. A miña idea agora mesmo é tentar separalas para facilitar a súa revisión e así non perdelas todas. O mais directo sería desbotalas directamente, pero tratarei de evitalo. > Antón > > > > O dom., 28 de feb. de 2021 ás 19:11, Xabier Villar > (<xabier.vil...@gmail.com>) escribiu: > > > > Sigo avanzando e tentando mellorar un chisco. Desta vez metinme con > series, e decidín agrupar por anos e dun/dunha contribuínte que parece ter > boa calidade nos textos (pippilangstrum). Escollín os subidos en 2017: > > > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x02 - 084 (x264-LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x03 - O recurso (x264-LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x04 - Ollo espía (x264-LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x05 - A rapaza do vestido de flores > (x264-2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x06 - F.Z.Z.T. (x264-2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x07 - O Centro (x264-LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x08 - O pozo (x264 LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x09 - Reparacións (x264 LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x10 - A ponte (x264 2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x12 - Sementes (x264 2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x13 - V.I.A.S. (x264 > KILLERS).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x14 - T.A.H.I.T.I. (.x264 > EXCELLENCE).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x15 - Si, homes (x264 > EXCELLENCE).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x16 - A fin do comezo (x264 > 2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x17 - Pechar o círculo > (PROPER-2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x18 - Providencia > (REMARKABLE).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x19 - A única luz na escuridade > (x264-EXCELLENCE).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x20 - Non foi persoal > (x264-2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x21 - Esfarrapado (x264-2HD).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 01x22 - O comezo da fin > (x264-KILLERS).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 02x01 - Sombras (KILLERS).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 02x02 - Pesada é a cabeza > (KILLERS).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 02x03 - Facer amigos e influenciar á > xente (x264-LOL).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes de S.H.I.E.L.D. - 02x04 - Cara a cara co meu inimigo > (KILLERS).GLG.srt' > > 'Marvel Axentes of S.H.I.E.L.D. - 01x11 - O lugar máxico > (REPACK-KILLERS).GLG.srt' > > > > Pasei de unhas 18000 frases a case 11000. > > Penso que mellorou un chisco na detección de erros, pero calquera cousa > que atopedes agradécese que a comentedes. Hai unha serie de cousas que polo > momento non lle metín man, por exemplo: > > > > Eliminar as frases que comecen por pronome persoal átono: Che, te, lle... > > Que fago con cousas como? > > > > Fuches ti! > > > > Fuches ti. > > Fuches ti? > > > > Palabras malsoantes? > > Buscar palabras que xeralmente non rematan unha frase: > > > > de, te, se,... > > > > Así que desas igual hai unhas cantas > > > > Tamén aproveitei a documentar o proceso que sigo e recoller as > ferramentas que vou usando no foro: > > > https://foro.trasno.gal/t/extraendo-frases-para-common-voice-de-subtitulos-e-ferramentas-que-emprego/57 > > > > un saúdo! > > > > El mié, 24 feb 2021 a las 23:02, Xabier Villar (<xabier.vil...@gmail.com>) > escribió: > >> > >> Extraídas as frases dos seguintes subtítulos de filmes: > >> > >> A_árbore_da_vida.srt > >> 'Ant-Man e A Avéspora (2018) (1080p BluRay x264-YIFY).GLG.srt' > >> Babel.2006.srt > >> 'Capitá Marvel (2019) (720p HDCAM x264-1XBET).GLG.srt' > >> dascabinet.srt > >> 'Flores rotas (Broken flowers).subtitulos.galego.by.Brais.Jim > Jarmusch.2005.Comedia.106´.srt' > >> 'INDOXXI.ONLINE-[The-Fate of the Furious-SD.360p].srt' > >> 'Life of Brian.Terry Jones.1979.srt' > >> 'Os Vingadores (2012) (1080p BluRay x264 YIFY).GLG.srt' > >> 'Pa Negre.Agustí Villaronga.2010.srt' > >> Santoalla.2016.galego.JDDL.srt > >> 'Spider-Man. Festa de benvida (2017).GLG.srt' > >> 'Spider-Man. Lonxe da casa (2019) (720p HQ HDCAM).srt' > >> 'The Shining (1980) CD1 GALEGO.srt' > >> 'The Shining (1980) CD2 GALEGO.srt' > >> 'Vingadores. A fin do xogo (2019) (HDTC SPECIAL 1337X).GLG.srt' > >> 'Vingadores. A Guerra do Infinito (1080p BluRay x264) (2018).GLG.srt' > >> > >> Continuarei cos dalgunhas series e nos próximos días tentarei > documentar o proceso no foro para ter de referencia > >> > >> Un saúdo! > >> -- > >> > >> Xabier Villar > > > > > > > > -- > > > > Xabier Villar > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto > Trasno > > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7416&h=2da2c1c76e0db927b832ddf0fc745c7ef74d5b45&sa=1659367658 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7418&h=b2e40f3649072dd6c1a3c80ee1907343f8b311b7&sa=420490519 > > -- Xabier Villar - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7434&h=a8e39af7e1dd8e40ce674bf78736e4fbded3e8bd&sa=1919484151