A túa dúbida é perfectamente lexítima. Ningunha etiqueta por si soa define
un falante. Serían necesarias moitas.

Ata certo punto temos que decidir con intuición aquí. A lingüística
traballa xusto ao revés do que aquí se presenta: o normal é recoller "o que
se fala" e despois tentar atopar a estrutura, os trazos que subxacen.

Non podemos propoñer ao lector en galego que escolla bloque+área
lingüística porque non abundan falantes puros, porque non teñen por que
saber a que área lingüística pertence a súa fala. Nin aínda que lles
poñamos por concellos sería correcto (o de nacencia, o de formación, o de
onde fan a vida?).

De feito, o corpus de frases e de gravacións resultante vai ser moi
singular, pretende ser un mix de todo, con variantes de todo tipo. Xusto ao
revés do que fan os corpus científicos.

O relevante para o noso caso é que etiquetemos aquelas variantes que
supoñan un impacto no recoñecemento de voz (a fonoloxía), porque o require
o procesamento computacional dos rexistros:

- falantes con seseos/ceceo: casa/caza, luz, cen/sen
- falantes con gheada/gueada: aghachar/agachar, domingo/domingho
- falantes con vocalismo completo sen outros trazos
- falantes con vocalismo castelanizado ou estraño ao galego (e sen outros
trazos)

Salvo a última, que teño dúbidas, creo que son etiquetas que calquera
galego sabe identificar na súa fala (non se presentaría o que vai entre
paréntese).

Acento de costa atlántica (teño seseo + gheada+ vocalismo completo)
Acento de galego central (teño gheada+ vocalismo completo)
Acento de galego oriental (non gheada, non seseo, pero non falo normativo)
Acento normativo (galego, sete vogais,  pero falo como aprendín na escola -
xa pode ser en todos os menores de 55 anos, ollo)
Acento neofalante (vocalismo castelán, cinco vogais, sen outros trazos
dialectais - aínda que poida ser un latinoamericano con seseo, do castelán)

Quizais se poidan propoñer etiquetas máis directas:

- Falo con seseo e gheada
- Falo con gheada
- Falo galego común da Galicia oriental
- Falo galego normativo
- Falo como neofalante

Moitas variantes do galego como as morfolóxicas, que son moi importantes
para a gramática e a ortografía (dos verbos en cantín en vez de cantei, dos
pronomes te/che, dos plurais en camiós ou irmás en vez de camións ou
irmáns) non son importantes salvo para o proceso contrario, para producir
voz sintetizada. Que galego vai empregar un asistente de voz?

E aínda máis importante: como se van procesar os castelanismos constantes
que unha intelixencia artificial vai atopar na interacción cos falantes?
Suponse que a comprensión mellorará, irá aprendendo...

Por idade, e demografía eu espero unhas porcentaxes de participación deste
estilo:

seseo+gheada = 20%
gheada= 30 %
oriental = 5%
normativo = 40%
neofalante= 5%

por idades participantes:
< 19 = 5 %
19-39 = 30 %
40-50 = 30%
50-60 = 10%
60-70 = 10%
+70 = 15 %

En fin, xa é moito conxeturar.

Ah, e queda definir o xénero: que etiquetas? Porque hai xente que non
quererá indicalo, ou non se atopa definido

home/muller/outro?

Opinade máis, por favor. Isto hai que poñelo antes de que nos abran as
gravacións ao público


















O mar., 2 de mar. de 2021 ás 21:31, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>)
escribiu:

> Eu non tería claro se identificarme como oriental (por non usar seseo nin
> gheada a pesar de ser de Vigo), normativo (porque o galego aprendino
> principalmente na escola) ou neofalante (por vivir anos fóra de Galicia, a
> nivel fonético igual teño máis parecido con ese perfil).
>
> Cales serían as diferencias entre esas 3 variantes, en que se
> diferenciarían os falantes dunha delas das outras dúas, en termos que poida
> entender unha persoa sen coñecementos significativos de lingüística?
>
> On 2021-03-01 13:40, Antón Méixome wrote:
>
> Hai que decidir que acentos se recoñecen nas gravacións. Quen o
> determina a etiqueta é o propio falante e a súa autoidentificación é
> estable porque vai asociada á conta de colaborador. As frases que vai
> ler tampouco poden ser escollidas por zonas nin sequera por tipos de
> rexistro lingüístico.
>
> Proposta: 5 etiquetas que o doador de voz pode escoller para as súas
> gravacións
>
> seseo+gheada >>                          Costa atlántica
> gheada >>                                      Central
> non seseo + non gheada >>           Oriental
> sen fonoloxía dialectal, estándar >>Normativo
> ...                                                 >>Neofalante
>
> Se queredes explícoa lingüisticamente pero trátase dun compromiso
> entre variación lingüística clásica do galego, necesidades de
> desambiguación para o modelo de lingua e que sexan comprensibles para
> a xente. Para nós a clave é o seseo, a gueada e o vocalismo.
>
> Nota: nos idiomas como o español, só distinguen por falas de cada país
> + Andalucía; en catalán, por Cataluña, Valencia e Baleares e logo polo
> catalán especial noroccidental e setentrional (en territorio de
> Francia, entendo)
>
> Antón
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL :
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7435&h=357107e9d802c565e8e97060839b6481b6c26d48&sa=141262012
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7444&h=fd6b22472bb80d04d7f5cbab14f3fcc9f59282f5&sa=570794983
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7445&h=392daf11fcd029cd9397f11312b3647df4141e41&sa=1715091049

Responderlle a