Boas.

Antes de nada decir que son un gran admirador do voso traballo. Pertenzo á
comunidade do Software Libre dende fai moitos anos e pertencín un GUL xa
desaparecido que se chamaba GALITE.

En todo caso agora estou a desenvolver un proxecto para crear un asistente
virtual baseado en Mycroft que falase en Galego, por iso creo que pode
entrar dentro da vosa temática. Gustaríame utilizar o TTS de Cotovía que
está accesible en:

https://sourceforge.net/projects/cotovia/

Existen executables e paquetes .deb para Linux que funcionan correctamente
e xa teño algun PC con Ubuntu funcionando perfectamente pero a idea sería
que funcionara nunha raspberry pi para manter o proxecto de baixo custo.
Quería pedirvos axudar para lograr de compilar este software para Raspberry
PI 4. Probei con varias cousas pero sempre obteño un "Error del bus", "Bus
error" ou calquer outro erro similar ó executalo.

Comentar que teño que facer un pequeno cambio de código no arquivo
fonemas.cpp e engadir un "signed" á primeira función. Despois ó executar
"make" ou "make debian-packages" obteño un erro porque o HOST indicado é
i686 e teño que cambiar en varios ficheiros por native ou armv6(probei con
armv7, armv8, etc...). O problema é como moito poido desenvolver algo en
PHP e para nada en C ou C++ , así que necesitaría unha axuda de un
programador algo experimentado.

Xa contactei coa universidade e me din que os programadores principais
están bastante ilocalizables así que estou a contactar con que se me ocurre
que me poida axudar.

Gracias por adiantado.

Saúdos.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7581&h=90cd02935688dc48772718ea676fe93b2d4c7a92&sa=896592857

Reply via email to