Olá,

Paréceme interesante o teu proxecto mais esta é unha lista de traducción e
ainda que moitos dos traductores seguramente sexan tamén programadores é
posible que queras preguntar tamén á xente en organizacións como GPUL,
Bricolabs, Galpón, etc

saúdos

On Fri, Jan 7, 2022 at 1:52 PM ARBR Development <arbr....@gmail.com> wrote:

> Boas.
>
> Antes de nada decir que son un gran admirador do voso traballo. Pertenzo á
> comunidade do Software Libre dende fai moitos anos e pertencín un GUL xa
> desaparecido que se chamaba GALITE.
>
> En todo caso agora estou a desenvolver un proxecto para crear un asistente
> virtual baseado en Mycroft que falase en Galego, por iso creo que pode
> entrar dentro da vosa temática. Gustaríame utilizar o TTS de Cotovía que
> está accesible en:
>
> https://sourceforge.net/projects/cotovia/
>
> Existen executables e paquetes .deb para Linux que funcionan correctamente
> e xa teño algun PC con Ubuntu funcionando perfectamente pero a idea sería
> que funcionara nunha raspberry pi para manter o proxecto de baixo custo.
> Quería pedirvos axudar para lograr de compilar este software para Raspberry
> PI 4. Probei con varias cousas pero sempre obteño un "Error del bus", "Bus
> error" ou calquer outro erro similar ó executalo.
>
> Comentar que teño que facer un pequeno cambio de código no arquivo
> fonemas.cpp e engadir un "signed" á primeira función. Despois ó executar
> "make" ou "make debian-packages" obteño un erro porque o HOST indicado é
> i686 e teño que cambiar en varios ficheiros por native ou armv6(probei con
> armv7, armv8, etc...). O problema é como moito poido desenvolver algo en
> PHP e para nada en C ou C++ , así que necesitaría unha axuda de un
> programador algo experimentado.
>
> Xa contactei coa universidade e me din que os programadores principais
> están bastante ilocalizables así que estou a contactar con que se me ocurre
> que me poida axudar.
>
> Gracias por adiantado.
>
> Saúdos.
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7581&h=31797761c9e7bda314504fa6eb6eeb2ce8ac9930&sa=402035184
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7582&h=87a97758fc113ee5cd221ac23f034ef558f330a9&sa=420378872

Responderlle a