Ola,

Acordádevos de que o Cinestable ( http://cc.inestable.org/ ) é este día 5 ás
18:30 na Casa da Cultura no Concello de Ordes.
Temos pendente dar ese premio á mellor curta en galego.Cantos máis nos
poidamos achegar alí mellor, entre todos escollemos o noso premiado.

O sistema vai ser así:
- ás 18:00 abren a casa da cultura e o auditorio
- ás 18:30 comeza a gala coa reprodución de cintas que van fóra de concurso.
Haberá previsiblemente varios descansos.
- ás 21:00 apróx comezará a proxección das cintas a concurso
- vistas as cintas (aprox 22:00), o xurado (inestable + concello de ordes +
algún invitado) concede dous premios e nós, trasno, escollemos o premio á
mellor curta en galego. Os premios non son excluíntes, unha curta pode levar
os tres.
- foghetes e prá casa

Só para que teñades unha referencia
- Os videos fóra de concurso son moi bos. Algún vai subtitulado ao galego.
En http://wiki.inestable.org/ >> cinestable tedes a lista dos que se emiten.

- Os vídeos que se presenta a concurso: (dos que vin, que non son todos) hai
algún de bastante calidade, algún caseiro totalmente e algún moi simpático
(un p.ex con escenas de  xente debullando mainzo).

Podédes chegar á hora que queirades, entrada libre. Como non sei exactamente
a que hora podo chegar ese día, confirmádeme os que queirades vir e a que
hora chegades. Así deixo aos rapaces de inestables avisados para que vos
fagan de anfitrións. De feito ofrecéronnos xantar incluso.

Saúdos!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a