Eu teño que falalo coa rapaza, porque me xurdiron unhas ocupacións para ese día e vou ter o coche no taller... pero case seguro que vou para o comezo (nese caso, iríamos, que ela tamén se apunta). Xa o confirmarei cando sexa seguro.
2010/7/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com> > Ola, > > Acordádevos de que o Cinestable ( http://cc.inestable.org/ ) é este día 5 > ás 18:30 na Casa da Cultura no Concello de Ordes. > Temos pendente dar ese premio á mellor curta en galego.Cantos máis nos > poidamos achegar alí mellor, entre todos escollemos o noso premiado. > > O sistema vai ser así: > - ás 18:00 abren a casa da cultura e o auditorio > - ás 18:30 comeza a gala coa reprodución de cintas que van fóra de > concurso. Haberá previsiblemente varios descansos. > - ás 21:00 apróx comezará a proxección das cintas a concurso > - vistas as cintas (aprox 22:00), o xurado (inestable + concello de ordes + > algún invitado) concede dous premios e nós, trasno, escollemos o premio á > mellor curta en galego. Os premios non son excluíntes, unha curta pode levar > os tres. > - foghetes e prá casa > > Só para que teñades unha referencia > - Os videos fóra de concurso son moi bos. Algún vai subtitulado ao galego. > En http://wiki.inestable.org/ >> cinestable tedes a lista dos que se > emiten. > - Os vídeos que se presenta a concurso: (dos que vin, que non son todos) > hai algún de bastante calidade, algún caseiro totalmente e algún moi > simpático (un p.ex con escenas de xente debullando mainzo). > > Podédes chegar á hora que queirades, entrada libre. Como non sei > exactamente a que hora podo chegar ese día, confirmádeme os que queirades > vir e a que hora chegades. Así deixo aos rapaces de inestables avisados para > que vos fagan de anfitrións. De feito ofrecéronnos xantar incluso. > > Saúdos! > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > -- Xabier Villar
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto