Entón porque non empezas polo punto onde queres resaltar que non
precisas un SCV para xestionar traducións. Recomenda usar dentro de KDE
algo como Transifex ou desenvolve algo mellor.

Eu estou moi contento con D-SCV.

O Ven, 03-09-2010 ás 18:40 +0200, mvillarino escribiu:
> > Non é coña, ogallá vos cambien a git e logo das primeiras dúbidas por
> > complicacións iniciais cambiaredes de parecer. Vai ser un salto
> > incribelmente cualitativo no desenvolvemento.
> 
> Siiiiiiiii, tras perder un par de días até adiviñar que ssh está a dar
> polo cu, terei que
> complicarme a vida rescribindo os scripts para iniciar, anovar e
> entregar o traballo:
> de svn up e svn commit terei que pasar a un maremagnum de git clone,
> git config non-sei-cantas cousas,
> git branch, máis git checkout, non-sei-cantos máis git fetch, git
> push, git pul e git rebases,
> para finalmente dicir: si, estou rebasado, sigo mañá.
> 
> Para l10n é excesivamente complicado, caseque tanto como facer un
> script con wget para coller determinados ficheiros dunha web, e
> realmente non se poderá aplicar no entanto non se resolva unha
> cuestión conceptual: as ferramentas de diferenzas están moi orientadas
> a liñas de texto, mentres que en l10n o conceito básico é o unidade de
> tradución.
> 
> Nota: nótouse o ton de sorna no siiiiiiiii ?
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a