2010/9/5 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2010/9/4, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>> Entón porque non empezas polo punto onde queres resaltar que non
>> precisas un SCV para xestionar traducións.
>
> Creo que non liches ben o correo anteriork, en concreto a  parte onde di:
>>> Para l10n é excesivamente complicado
>
> Non estou a argumentar contra o uso de SCV en l10n, senón que indico
> que para chegar a
> ter operativo un repositorio git no lado do PST hai que facer
> mooooitas operacións diferentes. Así mesmo, na operativa diaria tamén
> se modifica o procedimento operativo, pero dun xeito máis simple
> (aumentase dun só commit a un commit e un push)
>
>> Recomenda usar dentro de KDE
>> algo como Transifex ou desenvolve algo mellor.
>
> As interfaces web teñen o mesmo defecto co escritorio: cando hai que
> manexar varios centos de ficheiros, acórdaste de Palo Alto.
> Con respecto ao de desenvolver algo mellor, recórdoche que isto é
> l10n, non desenvolvemento.

En openSuse solucionarono montando un svn á parte (ca súa interface
web, que si permite subir 700 ficheiros de golpe) e que alguén
sincroniza de cando en vez do repositorio oficial. O día que no
Transifex se consiga que se poidan enviar os 700 ficheiros de golpe
espero que o monten en todas partes, porque é moi útil.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a