Moitas grazas. Eu, como coordenador e tradutor en openSuse e tradutor
en KDE, tamén asumo os acordos que tomastes e realizarei as
modificacións oportunas.
Moitas grazas polo voso traballo.
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez

2010/10/17 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Índice de palabras tratadas e solución. Non todos son termos, algunhas
> son decisións sobre o estilo. De momento sen explicacións pero ordeno
> as palabras da seguinte maneira:
>
> termo inglés ? palabras candidadatas > palabra acordada (tras consenso
> ou tras votación) + relacionadas de interese
>
>
> 1. Tab
> (no sentido do widget gráfico das interfaces) ? separador, lingüeta,
> pestana, lapela, guía, *aba > lapela
>
>           tabulación (para a acción)
>           tabulador (a tecla)
>
>
> 2. plugin ou plug-in
> (en releción con add-on, extension, complement, module) ? plugin,
> pluguin, complemento, engadido > complemento (en xeral) + engadido
> (cando é un complemento que engade, modifica o comportamento do
> programa). Plugin pasa a ser non recomendable.
>
>
> 3. window
> ?xanela, fiestra, ventá > xanela . Decisión totalmente definitiva.
>
>
> 4. attach
> ? adxuntar, anexar, xuntar, achegar > anexar
>
> 5. attachement (o que acompaña un correo especialmente)
> ? *adxunto, anexo > anexo
>
>            Queda como válido por ser tema diferente o modelo de
> comunicación por correo "Un Achégolle" (= Un  Saúda)
>
>
> 6. inválid command, en relación tamén ilegal command
>
>  command ?comando, orde > orde
>  invalid ?incorrecto
>
>     valid/invalid > correcto/incorrecto (en xeral).
>
>     No caso de inválid, haberá casos en que se necesite distinguir
> matices entre "o que non cumpre as regras" e "o que non funciona".
> Convén a adaptación ao caso/contexto. Neses casos pódese    usar: mal
> construído, non é válido, non válido
>
>   ilegal > inceptábel
>
> 7. grid
> ?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen
> considerar grella como incorrecto.
>
> 8. show, display
> ?mostrar, amosar > consideráse prematuro. Quedan ambas como válidas
> sen recomendar ningunha.
>
> 9. hide
> ? ocultar, agochar, acochar > considérase prematuro
>
> 10. insert
> ?inserir, introducir
>
>    Especial coidado nas interfaces:
>           insert your name > escriba o seu nome
>
> 11. search
> ? buscar, procurar, *pesquisar, pescudar > buscar
>
>      o subs. asociado será : busca (non procura)
>
> 12. find
> ?buscar, atopar > atopar
>
> 13. locate
>
> ?buscar, atopar, localizar > buscar, atopar ... pero con adaptación
> aos matices do contexto pode ser "situar"
>
>
> Incorporaranse ao Glósima como nun Glosario especial (Verbas
> caristiosas) xa que son termos ou decisións estilísticas transversais
> a toda a localización.
>
> Estas decisións supoñen un acordo e un compromiso ao mesmo tempo. Así
> o acordaron todos os presentes e especialmente os
> coordinadores-líderes vinculados con Trasno dos principais proxectos
> acordaron, palabra a palabra, a súa aplicación e uso sistemático.
> Aínda que o resultado parece magro en número de decisións para a
> cantidade de horas dedicadas de tal modo que practicamentes este
> asunto monopolizou o tempo da xornada, a realidade é que se asentaron
> métodos e criterios de decisión que nos van permitir ser moito máis
> produtivos a partir de agora na toma de decisións.
>
> Felicitémonos todos, especialmente polo autocontrol que nos levou a
> trascender decisións e "tradicións" unilaterais.
>
> Unha aperta,
>
> Antón Méixome
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a