2010/10/17, mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> @miguel branco: podes  modificar consonte o acordado o tbx que hai no
> repositorio'
>
> 2010/10/17, Manuel Vázquez <moro...@gmail.com>:
>> Moitas grazas. Eu, como coordenador e tradutor en openSuse e tradutor
>> en KDE, tamén asumo os acordos que tomastes e realizarei as
>> modificacións oportunas.

Coa finalidade de simplificar ao máximo esta tarefa, veño de elaborar
un ficheiro de regras para o check-rules do pology mediante o cal se
automatiza este tipo de revisións.

Utilización:
$posieve.py check-rules -slang:gl
/rota/ao/cartafol/onde/estan/os/ficheiros[/ou/ao/ficheiro]

Con isto obtense unha listaxe de erros. Co lokalize hai que ir abrindo
e editando as unidades de tradución detectadas como continentes de
erro (isto automatízase engadindo a opción -slokalize ao chourizo de
antes).

Para anular a detección de falsos erros, predeme en «engadir nota» no
panel de metadatos da unidade do lokalize, e engadide un texto
semellante a «skip-rule:idRegra1, idRegra2».
Os id das regras aparecen la lista de erros do stdout.

Sistemática da nomenclatura de regras: [no]PT-anoAcordo-wordTipo1[-wordTipo2]
isto é: PT de Proxecto Trasno, antecedido por "no" se hai algo que non
se axuste estritamente ao enunciado no correo que inicia esta
conversa. Logo o número do ano no que se chegou ao acordo e logo unha
lista de palabras separadas por trazos que veñen sendo as palabras
acordadas.
A utilidade do noPT face o PT simples é que se poden discriminar as
regras estritas mediante unha opción do check-rules que está
documentada (RTFM, que se dicía en tempos).

[Disclaimer: vai noPT e non nonPT porque nalgún momento do futuro hai
mudar todos os comentarios e datos documentais a inglés, agás os
"hint", claro, porque son mensaxes destinadas ao usuario]
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a