«Estes ordenadores veñen equipados co máis recente sistema operativo Ubuntu
(un dos máis empregados pola comunidade de usuarios e deseñadores de
programación aberta) e, segundo informa a Xunta, incorporan o galego por
defecto»

Creo que temos unha alusión directa aquí. A falta de comprobalo na realidade
(como están os sitemas e tal, xa que pouco me fío a estas alturas), benvido
sexa o proxecto.

Ao voso criterio deixo se redactamos unha nova felicitando a iniciativa ou
non.

Saúdos!



2010/11/2 Fran Diéguez <fran.dieg...@mabishu.com>

> Os ultraportátiles darán acubillo a un sistema operativo Ubuntu 10.04 e á
> lingua galega como opción por defecto, manifestou a Xunta!!!!
>
>
>
> Enviado por Fran Diéguez a través de Google Reader:
>
>
> Case 15.000 escolares galegos recibirán os ultraportátiles de ABALAR ao
> longo do mes de 
> novembro<http://www.codigocero.com/Case-15-000-escolares-galegos>
> vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia <http://codigocero.com/>de 
> Redacción el 2/11/10
>
>  Logo de certos 
> retrasos<http://www.codigocero.com/Demoras-na-chegada-dos-primeiros>relacionados
>  co aprovisionamento do material informático que constitúe unha
> das bases de ABALAR, a iniciativa do Goberno galego para dixitalizar as
> aulas do país semella que colle forza. De feito, será este mércores 3 de
> novembro cando se poña ao alcance da comunidade escolar o portal da
> iniciativa e, ademais, darase continuidade nas vindeiras semanas ao
> espallamento de ultraportátiles para os alumnos e mestres que comezou xa na
> recta final de outubro. Así o comunicou a Consellería de 
> Educación<http://www.edu.xunta.es/web/node/1677>ante os medios informativos 
> no mediodía deste martes 2, cita cos xornalistas
> que lle serviu á Xunta para botar luz sobre algúns dos principais obxectivos
> de ABALAR, a curto e medio prazo: levar equipamento informático a 14.500
> escolares a longo do mes de novembro e converter en dixitais (ao longo deste
> curso) máis de 700 aulas de 300 centros educativos do noso país.
> O proceso virá acompañado da posta en marcha do portal-plataforma
> EspazoABALAR e incluirá entre outras cousas a achega masiva de equipos
> informáticos Inves Noobi 10. Os ultraportátiles darán acubillo a un sistema
> operativo Ubuntu 10.04 e á lingua galega como opción por defecto, manifestou
> a Xunta, que lembrou que nas vindeiras semanas complementarase esta opción
> coa achega doutros idiomas.
> Na presentación de ABALAR participaron o conselleiro de Educación, Xesús
> Vázquez, a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e máis o
> subdirector xeral de Sistemas Informáticos de Educación, Carlos Vázquez,
> quen fixo unha demostración práctica do funcionamento e recursos dispoñibles
> do portal de ABALAR.
> Xesús Vázquez, amais de expor as obxectivos xenéricos da iniciativa, quixo
> salientar o carácter “*ambicioso*” da mesma, tanto no vieiro da
> modernización do sistema educativo como na modernización do país. “*O noso
> obxectivo*”, dixo, “*é conseguir que ao rematar o curso 2013/2014 o
> alumnado de 5º e 6 º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria dispoña do
> equipamento e formación para acadar a plena integración das novas
> tecnoloxías do coñecemento”.* Para comezar, dixo, este curso escolar máis
> de 14.500 rapazas e rapaces de 5º de Primaria e 1º da ESO entrarán a formar
> parte desta iniciativa, o que supón a concorrencia de máis de 700 aulas de
> 300 centros educativos. En termos orzamentarios, puntualizou, estariamos a
> falar de máis de 12 millóns de euros para este ano académico, dos que máis
> do 60% proceden da Xunta.
> *Equipos ultraportátiles*
> Os equipos ultraportátiles Inves Noobi 10 que subministra a empresa galega
> Coremain constitúen un dos piares fundamentais do proxecto e en boa medida
> unha das facianas visibles. Estes ordenadores veñen equipados co máis
> recente sistema operativo Ubuntu (un dos máis empregados pola comunidade de
> usuarios e deseñadores de programación aberta) e, segundo informa a Xunta,
> incorporan o galego por defecto. O programa, con potencial de abondo como
> para permitir as mesmas funcionalidades (ou máis) cás dunha boa parte dos
> programas pechados, é unha das claves de ABALAR, posto que pola súa natureza
> aberta e participativa permite un abaratamento importante dos custes por mor
> das licenzas e unha meirande capacidade de adaptación ás necesidades dos
> usuarios. Xa nun plano técnico, o portátil conta cunha pantalla rotatoria e
> táctil. As aulas que van dar acubillo aos ultraportátiles estarán dotadas
> doutro equipo para uso docente, tamén con software libre e incluíndo
> programas educativos e de accesibilidade para “*facilitar*”, en palabras
> da Xunta “*a integración das TIC sen ningún tipo de exclusión social*”.
> Amais disto, as clases contarán cun encerado dixital táctil que permitirá “
> *sesións máis interactivas*” e cun proxector de distancia ultra-curta que
> evita as sombras sobre o dito encerado. Tamén se equipará as aulas cun
> armario de carga para amorear os ultraportátiles dos rapaces, *“elemento
> que ademais ten a funcionalidade de ser empregado como reforzo multimedia*”,
> e darase acubillo a un punto de rede Wi-Fi para garantir a boa conexión.
> A iniciativa ABALAR, que xa incluíu a formación de 300 coordinadores TIC
> (proceso de educación ao que serán incorporados 2.500 profesores e as
> familias implicadas no dito proxecto), ten dende setembro en funcionamento
> unha aula piloto na sede de Educación, amais de cinco centros piloto,
> espazos dixitalizados, noutros tantos centros educativos. As aulas pioneiras
> serviron para ultimar o espallamento da iniciativa, “*eliminando riscos e
> mellorando no posible os tempos e os traballos a despregar logo”.* Amais
> de todo isto, déuselle corpo á plataforma EspazoABALAR, portal que se abre o
> mércores á comunidade escolar, incluíndo ás familias (que poden realizar
> seguimentos académicos en liña e máis establecer comunicación cos
> profesores, entre outras cousas).
> A plataforma, posta en marcha para fomentar a participación cidadá no eido
> do sistema educativo (e tamén para reducir as cargas de traballo da
> Administración), incluirá un repositorio de contidos educativos dixitais de
> Galicia, ferramenta de xestión, difusión e uso de recursos educativos
> dixitais seleccionados pola Consellería de Educación, “*que os axentes da
> comunidade escolar galega poderán compartir entre eles”*, infórmase. Polo
> que respecta ás linguas da web, dicir que nun primeiro intre figurará
> unicamente na nosa lingua, concretou Educación, aínda que nas sucesivas
> melloras previstas (que contarán cun carácter continuo) está previsto a
> incorporación de castelán e inglés.
>
> Xesús Vázquez anunciando os avances do proxecto ABALAR
>
>
>
> Cosas que puedes hacer desde aquí:
>
>    - Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de 
> Galicia<http://www.google.com/reader/view/feed%2Fhttp%3A%2F%2Fwww.codigocero.com%2Fspip.php%3Fpage%3Dbackend?source=email>con
>    *Google Reader*
>    - Empezar a utilizar Google 
> Reader<http://www.google.com/reader/?source=email>para mantenerte al día 
> fácilmente de
>    *todos tus sitios favoritos*
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a