On Mon, 03 Jan 2011 15:11:38 +0100
Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com> wrote:

> Eu na miña vida escoitei tradución. Ocorréuseme “taboatura” algunha
> vez, pero non me convence, soa moi forzado. Xa sabedes que na música
> son moitos os termos que ou se deixan sen adaptar ou apenas se
> cambian, e para o caso que nos ocupa, “tablatura” paréceme unha
> adaptación coherente con dita realidade do termo orixinal francés[1].
> 
> [1] http://www.etymonline.com/index.php?term=tablature
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Por se serve de algo: Toco (mal) a guitarra, e tanto eu coma case todo
o mundo que coñezo lle chama "tablatura". Aínda que supoño que se trata
dun calco (seguramente do español, pero vaia, que o español tamén o
calcaría do inglés), así que estar estamos como estabamos.

Que vos parecería tirar por outro lado? chamarlle "transcrición",
"notación", ou algo así?

Se alguén non sabe de que falamos: unha "tablatura" ven sendo algo
parecido a un pentagrama, só que con seis liñas no canto de cinco (no
caso da guitarra, claro). Cada liña representa unha corda da guitarra.
En lugar de figuras musicais (brancas, redondas, corcheas, silencios)
empréganse números, sinalando en que traste de cada corda hai que poñer
os dedos da man esquerda para tocar unha peza dada.

É dicir, trátase, como no caso dunha partitura, dunha 'notación' ou
'transcrición' dunha peza de música, só que no caso da tablatura non é
tan exacta coma unha partitura (non ten en conta a duración de cada
son, p.ex.), e resulta moito máis sinxela de ler (ás veces non hai nin
que saber que nota se está a tocar, é completamente "straightforward":
"dedo no primeiro traste da corda catro". Cunha partitura tes que lela
("re sostido") e despois pensar como se fai un re sostido na guitarra
("dedo no primeiro traste da corda catro").

Coa práctica, acaba sendo case máis fácil ler partituras, pero cando
empezas co instrumento, e non tes ganas de romper os cornos, as
'tablaturas' son infinitamente útiles.

-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a