O problema que lle vexo é que a “tablatura” é un «sistema de notación 
musical», polo que descartaría “notación“, e “transcrición” é aínda máis 
xenérico que “notación”, e mesmo diría que máis inexacto, pois é o cambio dun 
sistema de escrita a outro nunha mesma lingua, así que se temos unha 
“partitura” podemos “transcribila” e convertela nunha “tablatura”, que sería 
unha transcrición da primeira, pero pode ser o contrario, converter unha 
“tablatura” orixinal nunha “partitura” (como Deus manda! ;), sendo neste caso 
a transcrición a “partitura” e non a “tablatura”.

Creo que é un tema delicado, e se optamos por un termo distinto de 
“tablatura”, (1) imos ter que discutilo tranquilamente e (2) vai tardar en 
asentarse, se é que o consigue algunha vez.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to