Boas.

A fin de semana pasada estiven no Fosdem. Andaba por alí tamén a xente de
Mandriva nun stand. Así que, aproveitando, fun presentarme, ensinarlles o
noso proxecto (web, wiki, proxectos, etc.), intentar amañar o da miña chave
ssh para o svn, etc.

Botei reunido con eles toda a mañá do sábado. Entre as cousas subliñables
que falamos/fixemos:

- Cambiar a miña chave ssh no ldap. Non funcionou. Sigo con problemas de
acceso, aínda a pesares de ter creado unha chave nova exclusiva para
Mandriva. A solución que me deron foi preguntar na canle de #mandriva-cooker
en freenode. A ver se teño un anaco esta semana e me conecto dende a FIC,
que aquí teño o ssh capado e non podería facer probas de acceso.
- Dixeron que estaban planificando a montaxe dun sistema de traducción en
liña e que querían saber as nosas preferencias ó respecto. Eles falaban de
Pootle e eu engadín Transifex. De tódolos xeitos, comenteilles que eu non
estaba moi posto no tema, e que quería consultalo con todos vós antes de dar
unha opinión pechada sobre o tema (ide dando opinións, por favor). Así que
me deron os seus enderezos electrónicos (entre eles o xefazo de Mandriva) e
quedei de mandarlles un correo coas nosas preferencias. Supoño que tamén
abrirei un fío sobre o tema nas listas de i18n de Mandriva.

E iso é todo polo de agora. Mantereivos informados da evolución destes
temas.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a