2011/2/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2011/2/16 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>:
> > Teño o pracer de comunicarvos que o meu problema coa chave ssh xa está
> > solucionado. Volvo ter acceso. Por algunha extraña razón, as dúas últimas
> > veces que copiaron a miña chave ó ldap, corronpérona.
> >
> > Aproveito para comentar que se algún trasnego máis se quere unir ó
> proxecto,
> > hai traballo pra todos, xDDD.
>
> Non era mala idea que antes de poñerte a completar as traducións
> revises todo o que xa hai para aplicar os consensos da Trasnada. Se
> queres explícoche un destes días como facelo de forma rápida co
> Pology.
>

Si, non estaba de máis. Está resumida nalgures a lista de termos discutidos
e adoptados?


>
> Deica
>
> > 2011/2/15 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>
> >>
> >>
> >> 2011/2/14 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
> >>>
> >>> Como experiencia persoal, concordo con Leandro, o Transifex acáeme moi
> >>> ben para traballar
> >>
> >> Graciñas a todos.
> >>
> >> Comunícovos que agora mesmo estamos tendo actividade sobre o tema nas
> >> listas de Mandriva. Xa mandei a nosa opinión e Leandro tamén anda por aí
> >> dando tralla (e non é o único), xD.
> >>
> >> Agardo que en breves teñamos un Transifex ou algo similar funcionando.
> >>
> >>>
> >>> 2011/2/14 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>>>
> >>>> 2011/2/12 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>:
> >>>> > Boas.
> >>>> >
> >>>> > A fin de semana pasada estiven no Fosdem. Andaba por alí tamén a
> xente
> >>>> > de
> >>>> > Mandriva nun stand. Así que, aproveitando, fun presentarme,
> >>>> > ensinarlles o
> >>>> > noso proxecto (web, wiki, proxectos, etc.), intentar amañar o da
> miña
> >>>> > chave
> >>>> > ssh para o svn, etc.
> >>>> >
> >>>> > Botei reunido con eles toda a mañá do sábado. Entre as cousas
> >>>> > subliñables
> >>>> > que falamos/fixemos:
> >>>> >
> >>>> > - Cambiar a miña chave ssh no ldap. Non funcionou. Sigo con
> problemas
> >>>> > de
> >>>> > acceso, aínda a pesares de ter creado unha chave nova exclusiva para
> >>>> > Mandriva. A solución que me deron foi preguntar na canle de
> >>>> > #mandriva-cooker
> >>>> > en freenode. A ver se teño un anaco esta semana e me conecto dende a
> >>>> > FIC,
> >>>> > que aquí teño o ssh capado e non podería facer probas de acceso.
> >>>> > - Dixeron que estaban planificando a montaxe dun sistema de
> traducción
> >>>> > en
> >>>> > liña e que querían saber as nosas preferencias ó respecto. Eles
> >>>> > falaban de
> >>>> > Pootle e eu engadín Transifex. De tódolos xeitos, comenteilles que
> eu
> >>>> > non
> >>>> > estaba moi posto no tema, e que quería consultalo con todos vós
> antes
> >>>> > de dar
> >>>> > unha opinión pechada sobre o tema (ide dando opinións, por favor).
> Así
> >>>> > que
> >>>> > me deron os seus enderezos electrónicos (entre eles o xefazo de
> >>>> > Mandriva) e
> >>>> > quedei de mandarlles un correo coas nosas preferencias. Supoño que
> >>>> > tamén
> >>>> > abrirei un fío sobre o tema nas listas de i18n de Mandriva.
> >>>> >
> >>>> > E iso é todo polo de agora. Mantereivos informados da evolución
> destes
> >>>> > temas.
> >>>>
> >>>> Pootle ou Transifex son boas opcións. O importante é que o monten ben
> >>>> e permita enviar as traducións de forma sinxela e que se integran
> >>>> automaticamente nos repositorios pertinentes. Eu persoalmente prefiro
> >>>> Transifex, pero a outra xente gustaralle máis o Pootle.
> >>>>
> >>>> Deica
> >>>> _______________________________________________
> >>>> Proxecto mailing list
> >>>> Proxecto@trasno.net
> >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>
> >>>
> >>> _______________________________________________
> >>> Proxecto mailing list
> >>> Proxecto@trasno.net
> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>
> >>
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a