Am Thu, 5 May 2011 19:11:54 +0200 schrieb Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Por imperativos familiares teño que afacerme a traballar con CentOS... > hai alguén que estea afeito a el? > Boas, A min tocárame hai tempo enredar hai tempo con RedHat, por culpa de non sei que cousa que comprara (ou ía comprar) a empresa e que non levaba soporte para Debian. Así que, antes de comprar aquela cousa, recordo ter trasteado cunha CentOS, para írmonos afacendo. A nivel dun usuario: pouca diferencia hai. Segues tendo un escritorio, co seu navegador e con todas as cousas que hai en calquera distro. Para instalar cousas: creo que tiña algo coma o Synaptic, pero non che sei dicir máis. Dende a consola, hai que usar "yum" en vez de "apt-*". Creo recordar que "yum search" era algo máis xeitoso ca o "apt-cache search", e que "yum update" non era coma o "at-get update", senón coma un "upgrade". Pero vaia, unha vez cambias algo o chip, logo te afás. Que máis... podes atopar algún cambio no /etc, e pode que non teñas cousas como "locate", "updatedb"... Pero non sei se non viñan instalados, ou é que non os había nos repos... Igual tampouco tes cousas como o "update-alternatives", pero xa non me acordo. Ademais, pode que todo isto xa cambiara dende aquela... Ao final, é unha distro que usa Linux e máis as utilidades GNU, así que calquera cousa que tiveras funcionando nunha Debian-like, hanche de funcionar aí. Estou a pensar en cousas coma scripts que usen grep, awk, e así, e en cousas algo máis estrámboticas que teñan que mirar algo en /proc, ou cousas raras. Mmm... que máis... pode que, se non tocas nada durante a instalación, teñas predeterminadas cousas coma SElinux. Recordo hai tempo ter probado unha fedora, mantendo /home aparte, e cando volvín a Debian, tiña os permisos dos ficheiros de /home algo trastocados. Pouca cousa máis che podo contar así de memoria. Se cadra cando empeces a fedellar atopas cousas raras, e ao mellor se as comentas podo recordar se a min tamén me pasara, e botarche unha man... Por certo... isto é algo off-topic, non? jejeje -- Saúde, J. M. Castroagudín (jchaves) http://chav.es _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto