El Mar, 15 de Noviembre de 2011, 11:24 am, Angela Souto escribió: > Ola: > Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero > éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes. > Un saúdo.
Ola Angela, Moitas grazas por querer participar no proxecto. Agora mesmo a aplicación en sí está traducida, pero aínda falta traducir a documentación ao galego, se queres podes facelo. Non sei se estás acostumada a usar aplicativos de desenvolvemento como GIT ou sphinx, se non podo explicarche outras maneiras de facer a traducción sen ter que empregalos. A outra parte na que precisamos axuda é no desenvolvemento, no que empregamos Python e Django, se tes coñecementos tamén agradeceríamos a túa colaboración. O repositorio de código (onde está tamén a documentación) é http://github.com/cidadania/e-cidadania Calquera dúbida que teñas non dubides en contactarme. Un saúdo -- Móbil: (34) 620-734766 | oscar.carbal...@cidadania.coop Cidadania S. Coop. Galega Corredoira das Fraguas 5-1º esq. 15.703 Santiago de Compostela (A Coruña) Tfno.: (34) 981-589269 | www.cidadania.coop _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto