Grazas Marce,
nuns días comezarei uha nova ronda de revisión en GNOME e xa vou
mirando.
Grazas, de novo, polo esforzo.
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
On Lun 21 Nov 2011 16:29:17 CET, mvillarino wrote:
Boa tarde,
Se todo vai conforme o previsto, os ficheiros de regras do pology que
hai agora mesmo no repositorio non serán tocados en varios días ou
algo máis de tempo.
Por favor, enviaime mediante correo directo os ficheiros que compoñen
os proxectos xfce e se tal gnome para ir mellorándoas.
Respecto dos acordos das trasnadas, atopo as seguintes dificultades:
- Support : Faltan definir traducións para o caso de aparecer como
substantivo (ex: Enable SOCKS5 support). Adicionalmente, os verbos que
se propoñen no acordo (admitir, permitir utilizar etc) paréceme que de
poñerse así sen máis indicarían ou non deixan claro que se non se pode
facer uso de algo nun programa, ou se o programa non ofrece algo non é
por efecto dunha configuración -de usuario ou na compilación- nin dun
problema puntual (exemplos serían as traducións como admitir ou
permitir usar) nin de que falte algo na instalación, senón simplemente
porque o programa non "soporta" iso (pero tranquilos, o equipo de
desenvolvemento está a traballar para que unha versión vindeira poida
usarse iso).
- [En/De]crypt: E como traducir "cipher" (estou a usar: cifra; ven
sendo o método concreto de cifrar)
- Edit : Non me gusta o resultado de "Do you want to save your edits?
-> Desexa gardar as súas edicións? ; para "edit" actuando como
substantivo gústame máis "modificación".
- Rollback : As de upgrade, update, rollback e demáis están ben para o
caso de sistemas de paquetería. Pero este termo aparéceme nas Qt nun
contexto de transaccións de bases de datos, e iso de "regresar unha
transacción" soa tal cual. Pódese discutir un pouco máis de novo?
Nota:
Ao final do ficheiro de terminoloxía hai dúas seccións con cousas
concretas para gnome unhas e outras para kde. Estaría ben tratar esas
cousas na vindeira trasnada.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto