En Wed, 11 Jan 2012 13:45:00 +0100, Susana Brandariz
<susana_branda...@hotmail.com> escribió:
coñezo algunhas linguaxes de programación... JavaScript, C++, HTML,
estoume afacendo ao Ubuntu, que cada vez me gusta máis; a experiencia
traducindo neste campo venme sobre todo dun posgrao que fixen o ano
pasado onde traducimos exemplos variados (cadeas de caracteres dun
archivo executable, páxinas web, folletos informativos, algo de xogos
infantís... tamén fixemos unha wiki) Noutros temas si que traballei,
teño práctica con programas de tradución e xa estou botando unha ollada
ao launchpad, e con ganas de aprender e axudar.
Perdón por meterme.
As linguaxes de programación non terás que coñecelas (D.m.), a non ser que
faigas cousas moi pero que moi específicas ou sofisticadas, e xeralmente
aínda así estarán limitadas á shell (*1) e tal vez a perl (*2) e
javascript. No entanto, está moi ben ser polo menos capaz de ler código e
polo menos saber que é o que fai.
Aquí penso que a resposta importante é a referido aos programas que usas,
xa que normalmente téndese a dar máis continuidade e calidade ás
localizacións que se fan de software do que se é usuario; dito doutro
xeito, o habitual é porse a traducir os programas que un usa.
Polo que se refire aos procedementos de traballo, só podo comentar que
dependen, e moito, do proxecto de tradución, así aqueles que empregan unha
interface web para traducir (Pootle, Launchpad) traballan de xeito
diferente dos que o facemos con software CAT de escritorio con ou sen
axuda de interfaces web para a xestión dos ficheiros (Transifex).
Nós en KDE non usamos interfaces web, máis que nalgún caso para obter os
ficheiros que se van traducir, pero recoméndase manexar directamente os
repositorios.
Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se empregas
algún programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás
interesada en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo).
*1 Eu, persoalmente, solucionei a miña vida en KDE graza a varios scripts
da shell
*2 Na páxina web de Pablo Gamallo, da usc, hai cousas que parecen
interesantes como referencia.
--
BRGDS
Marce Villarino
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto