Ola trasnegos!

Se non hai impedimento por parte dos asociados, queda retrasada por
problemas persoais a Asemblea Extraordinaria para *o 28 de Xaneiro ás
16:00, en Santiago de Compostela* (lugar ainda por determinar).

Pídovos:
- que aqueles que non formedes parte da asociación vos acerquedes
igualmente a coñecernos en persoa, e incluso se queredes, *asociadevos*
- que *vos candidatedes para a Presidencia* todos e todas aqueles socios
que o desexedes e que os que poidades, vos ofrezades para postos da
directiva
- que me suxirades lugares en Santiago de Compostela onde realizar a
asemblea.

Se non existen candidaturas alternativas, serei o único candidato e
intentarei renovar a actual directiva.

Para todos e todas aqueles que vos unístedes ó proxecto recentemente:
aconséllovos ollear que é o proxecto trasno e que é a asociación:
* Proxecto Trasno http://trasno.net/?q=node/31
* AC Proxecto Trasno http://trasno.net/?q=node/30

Resalto que a asociación naceu de voluntarios deste proxecto aberto de
voluntarios para poder soster o proxecto ó longo do tempo, e representar a
nivel legal e social ós voluntarios e a súas inciativas. Hai voluntarios
que levan anos traducindo e fan que exista software na nosa lingua (por
eles brindo!),e hai xente que se involucra en promocionar o proxecto mais
precisamos que isto se manteña ó longo do tempo. Sen proxectos coma este
non tería habido software en galego como hai.

Fortes apertas!
Miguel Branco

*
*
2011/12/14 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Só engadir un detalle, a asistencia é aberta a todos os trasnegos, todos
> poderán opinar, agás o dereito a voto que está restrinxido aos socios.
>
> 2011/12/14 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>
>> Trasnegos e trasnegas,
>>
>> Acabo de convocar na asociación a Asemblea Extraordinaria para a elección
>> de Presidente e a renovación da Directiva da AC Proxecto Trasno. En
>> principio será o 21 de Xaneiro en Santiago de Composleta. A aqueles que non
>> esteades asociados anímovos a facelo e acudir a reunión, cando menos para
>> coñecermonos e seguir puxando este proxecto de localización. Mais, ada día
>> importa máis o galego no software libre debido a adversa situación da nosa
>> lingua así que anímovos a involucrarvos máis.
>>
>> Irei avisando do que se decide.
>>
>> Apertas,
>> Miguel Branco
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a