En 2012/02/29 17:12, Antón Méixome escribiu:
Non sabía eu que fora así.

Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e homosexual
veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade non sei de onde o
sacaron.
Pois creo que do ámbito xurídico. É unha descrición anacrónica e temos
todo o dereito a pedir que se cambie porque xa non responde a ningunha
realidade salvo a histórica. Hai unha gran diferenza entre o valor das
palabras na lingua común e na lingua do dereito. Polo menos, deberíase
poñer unha nota no caso de pederasta. E non estaría nada mal incluír
algunha apreciación sobre o iso da "relación" porque tamén existe a
creación, tráfico e consumo de imaxes relacionadas, que hoxe en día é
o delito de "abusos sexuais infantís". Véxase

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltObtenerHtml?IDLEMA=54555&NEDIC=Si
http://es.wikipedia.org/wiki/Abuso_sexual_infantil

(Que importante é a Wikipedia hoxe en día!!)

A homosexualidade era (aínda o é en moitas partes de mentes do mundo)
un delito chamado sodomía e de aí a relación coa pederastia. A sodomía
viría a ser o campo xenérico e a pederastia o específico sobre nenos
menores (como amancebamento e estupro, máis ou menos cando a vítima é
feminina)

Consultado un dicionario xurídico encontras isto:

Pederastia
Inversión sexual masculina que recae sobre ni-ños y adolescentes. En
sentido estricto se refie-re a la inversión típica de la apetencia
sexual,pero en un sentido amplio se le ha dado el al-cance mezclado de
intelectualidad conocido co-mo “amistad socrática”. Erróneamente se
aplica esa denominación a toda homosexualidad mas-culina, inclusive
entre adultos. Tiene importan-cia jurídica, como toda clase de
degeneracio-nes, por su posible repercusión criminológica.

Desgraciadamente no dicionario xurídico galego nin sequera está
recollida... coma sempre

http://dixuri.com/index.php

Acordádesvos de que xa hai 2 semanas que o novo dicionario da RAG ía
estar en liña..., seguimos esperando!!!
hei de crelo cando o vexa. Tamén ían publicalo no 2006 máis xa pasaron 6 anos e nada de nada. Por desgraza, na miña opinión, a RAG non acaba de cumprir o seu cometido.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a