2012/3/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2012/3/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> Acabo de publicar a nova sobre a publicación dos resultados das
>> Trasnadas. Como xa sabedes boa parte dos resultados xa están
>> integrados na ferramenta Pology. O ficheiro TBX cos acordos de todas
>> as trasnadas está en
>> http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnada11.1_so_recomendadas.tbx
>>
>> Se atopades algún erro avisade!!!
>
> Acabo de detectar algunhas entradas duplicadas. Isto non debería
> supoñer un problema grave. Agora non teño tempo para corrixilo e
> volver subir o ficheiro TBX corrixido, pero a ver se para mañá o teño
> feito.

Ola de novo,
corrixín os erros e volvín subir os ficheiros TBX afectados de novo.

Ademais engadín un ficheiro TBX que inclúe os acordos de todas as
Trasnadas así como as entradas do antigo glosario do Proxecto Trasno
que non se trataron durante as Trasnadas. Podédelo descargar en
http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/glosario_trasnadas_con_termos_do_antigo_glosario_de_trasno.tbx

Puxen tamén unha ligazón a este último glosario na páxina de
resultados das Trasnadas:
http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to