Boas.

Hoxe lendo os artigos de Opinión do periódico "La Región", un
funcionario, Mario Xermán, esciribía sobre as Nubes.

"Por se a palabra "nube" non tivese bastantes acepcións, dende hai
algún tempo as xentes de internet decidiron incorporala ó seu mundo
cun novo significado. E agora, ben amarrada, xa non hai quen llela
quite. Servicios en la nube, Empresas en la nube, Computación en nube,
Informática de nube, Nube de internet, ou Cloud Computing (en versión
orixinal). Eu, aínda que das cuestións informáticas case todo ignoro,
penso que en lugar da palabra nube para nomear esa nova modalidade de
arquivo, mellor lle tivese cadrado o de "almacén sideral"."

O artigo seguí e despois contaba outro tipo de cousas sobre as nubes.

Curiosa a metáfora, pero non soaría nada mal.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a