2012/4/1 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Ola.
>
> As traducións de mozilla pódense comprobar aquí:
>
> http://www.frenchmozilla.fr/transvision/
>
> E as TMX pódense descargar desde aquí:
>
> http://www.frenchmozilla.org/transvision/TMX/
>
> Hai memorias para cada rama de tradución dos produtos. Son xeradas
> automaticamente a partir das traducións dos repositorios. É un
> proxecto francés que se encarga de todo. Mentres o fagan eles, non o
> temos que facer nos, fano para todos os idiomas.

O fallo é que non sei exactamente para que versión é a memoria, e se
non estou equivocado mesturaron nun único ficheiro TMX as traducións
de Sunbird, Firefox, Thunderbird e Seamonkey o que o complica un
chisco máis.

Inclúo esta memoria e unha para Inkscape:
http://www.trasno.net/trasno%3Amemorias

En canto teña a memoria de GNOME 3.4 publico unha nova.

Deica

> Saúdos.
>
> 2012/3/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> 2012/3/29 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
>>> Ola.
>>>
>>>> Se puideras xerar unha memoria de tradución para Netbeans e
>>>> VirtualBox, ou pasar unhas máis actualizada tamén se agradecería,
>>>> porque as que subín ao FTP creo que só inclúen as primeiras
>>>> traducións.
>>>
>>> Buff, en NetBeans fai tempo que non se facían TMX, xa que nas últimas
>>> versións se estaba traducindo nun aplicativo en liña. Fai uns meses
>>> pecharon as traducións e non sei en que qedou o asunto. Non volvín a
>>> investigar e non sei se se creou unha plataforma independente para
>>> traducir o aplicativo (cousas de Oracle). Ao mellor conservo algunha
>>> TMX vella. Lembro que nalgún momento na versión 7 debín descargar os
>>> ficheiros fontes e traducidos nun formato raro para ver se era capaz
>>> de emparellalos con algún aplicativo, pero non cheguei a mirar como
>>> facelo.
>>
>> Vale, se se pode conseguir ben, e se non xa temos un TMX.
>>
>>> Con respecto ao VirtualBox, fai moitas versións que non o traduzo e
>>> non sei como está o asunto, pero traducíao mediante QTLinguist que
>>> usaba os seus compendios, co que tampouco teño TMX.
>>
>> Podiase probar a converter desde ese formato a algún que acepte o po2tmx.
>>
>> Xa postos a ver se se podía facer algunha memoria para os produtos de
>> Mozilla. Se precisas algo de axuda só tes que dicilo.
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to