Ola.

> Se puideras xerar unha memoria de tradución para Netbeans e
> VirtualBox, ou pasar unhas máis actualizada tamén se agradecería,
> porque as que subín ao FTP creo que só inclúen as primeiras
> traducións.

Buff, en NetBeans fai tempo que non se facían TMX, xa que nas últimas
versións se estaba traducindo nun aplicativo en liña. Fai uns meses
pecharon as traducións e non sei en que qedou o asunto. Non volvín a
investigar e non sei se se creou unha plataforma independente para
traducir o aplicativo (cousas de Oracle). Ao mellor conservo algunha
TMX vella. Lembro que nalgún momento na versión 7 debín descargar os
ficheiros fontes e traducidos nun formato raro para ver se era capaz
de emparellalos con algún aplicativo, pero non cheguei a mirar como
facelo.

Con respecto ao VirtualBox, fai moitas versións que non o traduzo e
non sei como está o asunto, pero traducíao mediante QTLinguist que
usaba os seus compendios, co que tampouco teño TMX.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a