Tenho que cambiar unha cousa no wiki xa que para xerar os compendios agora non hai que facer:

pocompendium ficheiro.compendium.po -d ruta/ao/cartafol/cos/pofiles/

e non o

pocompendium ficheiro.compendium.po -ruta/ao/cartafol/cos/pofiles/*.po

de antes
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Ven 13 Abr 2012 13:33:37 CEST, Leandro Regueiro wrote:
2012/4/12 Antón Méixome<cert...@certima.net>:
Temos un problemiña para "arranxar" a fondo a nova de Trasno. Unha vez
que se redacta unha nova, as modificacións hainas que facer visando
código html, non funciona o editor visual.
Así é moi fácil meter a pata e resulta moi laboriosa calquera
modificación e arranxo de contido.

Supoño que se trata dalgunha configuración do Drupal pero non encontro
a maneira de arranxalo. Ademais a nova fíxoa orixinalmente Leandro. A
ver que opina tamén.

A min dame igual.

Respecto dos ficheiros TMX que non funcionan. Acabo de probar a
abrilos co Virtaal 0.70 e o de Inkscape non me da absolutamente ningún
fallo. O último de Mozilla si, pero indica en que liña falla, que é a
última do ficheiro e abrindo co Gedit vin que directamente faltan as
etiquetas de peche do ficheiro, é dicir</body>  e</tmx>. Despois de
poñerllas foime. A culpa foi miña por coller o ficheiro que xeraron
outros e subilo sen facer comprobacións. Unha vez corrixido vouno
volver subir e incluílo na lista, na que por certo acabo de incluír a
memoria de LXDE e algunhas de versións anteriores de GNOME. Para os
que queirades facer memorias tedes
http://wiki.trasno.net/GNOME/Memorias_de_Traduci%C3%B3n/Xeraci%C3%B3n
que creo que redactou Fran Diéguez. Respecto de deixar comentadas as
entradas das memorias "defectuosas": polo visto o drupal eliminounas.

Deica

Saúdos,

Antón


El día 12 de abril de 2012 14:01, Lucia.Morado<lucia.mor...@ul.ie>  escribió:
Ordenei en táboas os números das TMX que están agora na páxina de Trasno.
Déixovos un pdf por se alguén ten curiosidade. Teño tamén outra folla de
cálculo con máis argalladas por se alguén a quere.

O interesante deste asunto tamén pode ser ver a media de palabras por cadea
que ten cada TMX, iso pódenos dar unha idea da súa posíbel reutilización
noutros proxectos.



Lucía



From: proxecto-boun...@trasno.net [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On
Behalf Of Xosé
Sent: 11 April 2012 21:39


To: proxecto@trasno.net
Subject: Re: Memorias de tradución



Están ordenadas de algunha maneira? Poderíanse pór, por exemplo, as máis
recentes máis arriba. Para mellorar a presentación eu poríaas nunha táboa
(permite, por exemplo, comparar mellor os tamaños, etc.) ou separaría (cunha
liña ou con máis espazo, por exemplo) os grupos, como GNOME, Thunderbird,
etc.. Por outra banda, o texto «MT da tradución de» é redundante: abondaría
con «MT de».



Outra observación: Firefox 3.5 ten maior tamaño pero menos palabras e cadeas
que 3.0?


Xosé

2012/4/11 Antón Méixome<cert...@certima.net>

Incorporei a información de mandou Lucía, do xeito máis sintético que
se ocorreu, á páxina porque si que me parece relevante.
O que non podo solucionar e o problema para abrir os ficheiros
gravemente defectuosos (Inkscape e a última de Mozilla), así que
deixeinos "comentados" en código para que non se visen.
Quedan agora 20 MT.





El día 11 de abril de 2012 21:23, Fran Dieguez<lis...@mabishu.com>
escribió:
traballamos redemo!

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a