tweening > interpolación

Trátase dun concepto aplicado á animación dixital e non do simple "xemelgo"

A cuestión é se se debe traducir ou é tan particular e novidoso que
deberá utilizarse o anglicismo.
Como se utiliza moito nas interfaces, ten repercusión para nós.

Parece que non é tan especial nin novidoso e que se trata dun dos
tipos de "interpolación" ou inferencia "fases intermedias" de
movemento, posición ou algunha característica gráfica. ( cfr. sfumato,
termo italiano incorporado como préstamo necesario no renacemento
aínda que a técnica coñecíase antes). Pero utilizala conscientemente é
o que deu orixe á súa formalización.

En inglés tampouco hai fixación exactamente. Utilízase "Tween",
"Tweening", Inbetweening e "Tweener" e a entrada da Wikipedia xa o di
todo
http://en.wikipedia.org/wiki/Inbetweening

Outra vantaxe da súa tradución é o feito de que se pode matizar, ou
facer operacións mediante esta técnica. O anglicismo puro e duro
dificultaría a adaptación e a comprensión.

Motion tween > Interpolación de movemento
Coloring Tween > Coloreado da interpolación
Select objects for Tweening first! > Seleccionar obxectos para
interpolar primeiro!
...

Para min debe recibir o mesmo tratamento que outras técnicas de
tratamento da imaxe: shap, blur, etc... todas adaptadas.


En español tamén hai dúbidas

interpolación

http://internet-y-ordenadores.practicopedia.lainformacion.com/flash/como-crear-una-interpolacion-de-movimiento-en-flash-1054

intermediación

http://es.wikipedia.org/wiki/Tweening
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to