Só unha nota curiosa:
O HDRI vense facendo desde antes das cámara dixitais. Con negativos, o
que se facía era unha exposición multiple, axustando o obturados ao
máximo tempo e tapando partes da imaxe con cartóns recortados adrede,
que se ían quitando segundo lles chegase o momento.
Usos: fotos nos ocasos ou en sitios escasos de luz pero cun punto quente.

Nota: interpolar paréceme ben. Talvez haxa algún método numérico cun
nome que se adapte mellor.

2012/4/27, Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> El día 27 de abril de 2012 14:13, Leandro Regueiro
> <leandro.regue...@gmail.com> escribió:
>> 2012/4/25 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> tweening > interpolación
>>>
>>> Trátase dun concepto aplicado á animación dixital e non do simple
>>> "xemelgo"
>>>
>>> A cuestión é se se debe traducir ou é tan particular e novidoso que
>>> deberá utilizarse o anglicismo.
>>> Como se utiliza moito nas interfaces, ten repercusión para nós.
>>
>> Home, eu é a primeira noticia que teño disto, e usar «interpolación»
>> para traducilo pode provocar confusións cando se atope «interpolación»
>> como tradución para "interpolation" que creo que é moito máis común.
>
> Digo que é común para as interfaces no ámbito do software para
> animacións. Enténdese como redución de "interpolación de secuencia, de
> marcos", etc
> En xeral, interpolación é máis un concepto matemático que non ten
> dúbida de tradución.
>
> Sería, tamén, interpolación pero, que ten que ver?
>
> Neste caso é unha técnica de degradación do movemento que produce un
> efecto que simula a realidade mediante a suavización e o engano óptico
>
>
> Lembrades o botón ese novo das cámaras de fotos, que o Termigal nos
> recomendaba traducir como "aforquillado"  porque o castelań lle chama
> "ahorquillado"? (si, é triste). Falo de bracketing (e autobracketing)
> ou tamén coñecido como "exposición secuencial".
> Tamén deriva do mesmo procedemento e tamén se basea nas matemáticas.
>
> Neste caso é unha técnica que inventa unha hiperrealidade mediante a
> fusión de imaxes con diferentes axustes de luz. O que se coñece como
> High dynamic range imaging (HDRI or HDR)
>
> es. imágenes de alto rango dinámico (HDR)
> pt. Grande Alcance Dinâmico
> fr. imagerie à grande gamme dynamique
>
> Por tanto, son distintas acepcións de "interpolación"
>
> 1. Matemáticas (cálculo)
> 2. Movemento (animación)
> 3. Luz (fotografía)
>
> pero hai máis.
> na música
> na gramática
>
> A interpolación da enxeñaría do software é sobre todo esta da animación
> http://en.wikipedia.org/wiki/Interpolation_%28computer_programming%29
>
>
>
>>
>>> Parece que non é tan especial nin novidoso e que se trata dun dos
>>> tipos de "interpolación" ou inferencia "fases intermedias" de
>>> movemento, posición ou algunha característica gráfica. ( cfr. sfumato,
>>> termo italiano incorporado como préstamo necesario no renacemento
>>> aínda que a técnica coñecíase antes). Pero utilizala conscientemente é
>>> o que deu orixe á súa formalización.
>>>
>>> En inglés tampouco hai fixación exactamente. Utilízase "Tween",
>>> "Tweening", Inbetweening e "Tweener" e a entrada da Wikipedia xa o di
>>> todo
>>> http://en.wikipedia.org/wiki/Inbetweening
>>>
>>> Outra vantaxe da súa tradución é o feito de que se pode matizar, ou
>>> facer operacións mediante esta técnica. O anglicismo puro e duro
>>> dificultaría a adaptación e a comprensión.
>>>
>>> Motion tween > Interpolación de movemento
>>> Coloring Tween > Coloreado da interpolación
>>> Select objects for Tweening first! > Seleccionar obxectos para
>>> interpolar primeiro!
>>> ...
>>>
>>> Para min debe recibir o mesmo tratamento que outras técnicas de
>>> tratamento da imaxe: shap, blur, etc... todas adaptadas.
>>>
>>>
>>> En español tamén hai dúbidas
>>>
>>> interpolación
>>>
>>> http://internet-y-ordenadores.practicopedia.lainformacion.com/flash/como-crear-una-interpolacion-de-movimiento-en-flash-1054
>>>
>>> intermediación
>>>
>>> http://es.wikipedia.org/wiki/Tweening
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to