O día 30/Sep/1999, CrEqUe escribía:

> penso que deberiamos facer un "hispalinux" galego, o proxecto dos
> proxectos de linux en galego. un sitio desde o que poder ver todo o
> relacionado co linux en galego. desde ahí habería subdominios, enlaces
> ... a todo o relacionado con isto.

        Pero pero pero pero ... ¿qué manía ten todo o mundo con iso de facer
"megaproxectos", e cousas así? :-)

        O único que lle fai falla a ista traducción é unha páxina web un pouco
máis oficial que a que ten (non é que a de Jacobo desmereza en absoluto, mais
penso que unha páxina dentro da árbore de GPUL tería máis sentido :-m). E máis
nada.

        ¿En qué cambiaría facer un "hispalinux" galego, como dis ti, de seguir
co que temos? En nada útil, penso eu. E falando doutro tema parecido, esa é unha
das razóns que teño eu para non estar a favor do couso ese do SUUG ;-)

> e para discutir sobre isto (me parece que xa comentara algo), propoño
> facer unha lista de correo xa agora mesmo inmediatamente de contadiño e
> que se apunte toda a xente que queira para enterarse e dar a súa
> opinión. ou tamén coller a un ou varios representantes de cada grupo
> relacionado con linux en galego. que vos parece :?

        A mín paréceme mal :-) Todo o que supoña esforzos técnicos pouco
rentables (como o que dis de facer unha lista só para discuti-los aspectos
burocráticos e propagandísticos da traducción) paréceme ... pois iso, esforzos
técnicos pouco rentables :-D

        O que propós, aínda que entendo que é coa mellor intención, non é
adecuado (na miña opinión, of course). Tal como estamos agora xa temos todo o
que necesitamos. Temo-la lista para discuti-las cousas das traduccións, temos
unha páxina web onde amosa-lo que xa temos feito e calquera outra cousa que veña
a conto. E xa está, non sei para qué iamos (¿íamos? :-?) necesitar máis :-?

        Cando nun proxecto aparece antes unha páxina web, unha lista de correo,
etc. que o traballo en si, mal asunto :-) Mira o que lles pasou os de Freedows
;-)

        No mundo Linux últimamente fai falla un pouco de humildade, penso eu :-)

        (Como sempre, isto só é unha opinión, non son infalible coma o papa, e
tódolos "disclaimers" habituais :-))

-- 
         Roberto Suarez Soto         ·       The world owes you nothing.
         ask...@bigfoot.com          ·            It was here first.
      Corgo/Lugo/Galicia/Spain       ·               (Mark Twain)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a