Hola

> > ¿Para quen traballamos?
> 
>       Dende logo, non para Netscape :-) Si nos traducimos Netscape, ¿quen
> saca os beneficios? Netscape. Aproveita o noso esforzo gratuito para o seu
> propio beneficio. Vale, tamén serían beneficiados tódolos usuarios que
> quixeran o Netscape en galego, pero en principio eu non estou a favor de
> facerlle o traballo a ninguén.
> > En resume, creo que non debemos usar o criterio do tipo de licencia á 
> > hora de decidir que programas traducir. 
>       Eu sigo dicindo que si; pero como sempre, é unha opinión; e estou
> totalmente disposto a ser convencido si se me dan boas razóns :-)

A razón é que non existe Netscape en galego (existe o Xis)

Cando se presentou o Win98 houbo presión para que saira en galego, pero a 
Xunta reaccionou tarde, mais ben non reaccionou. Este comportamento nace 
do nulo interés da Xunta na normalización do pais, sumado á sua ineptitude.
MS pedialles 40 kilos e eles dixeron en principio que non, e cando dixeron 
que si MS dixo que xa era moi tarde.

O Win2000 vai ir en galego, o explorer tamen, cos cartos de todos, e se 
MS presiona, que o fará, a Xunta pode sacar unha normativa que obrigue ós 
seus organismos a mercar soft so en galego.

Netscape non traduciu ó galego o seu programa, e nono vai traducir porque 
somos pouco importantes para eles. 

Se queremos o Netscape en galego temos que facelo nos. 
Eles gañarán (non creo que moito) pero nos gañaremos moito mais, Linux 
terá un navegador de calidade, comparable ó Explorer en galego, un motivo 
menos para que non se instale nas escolas e na Administración.

A min non me gusta pensar en negativo, pero pensemos que pasaría se non 
houbese unha version en galego de Netscape para unix.

E eu tamen podo cambiar de opinion de se me convence :-))


Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a