> > > Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:
> > >
> > > > "traducción" (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as
leve
> > a cabo.
> >
> > e Rubén escribíanos o 12 de Nov de 1999
> > > E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
> > > que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras
galegas
> > que
> > > se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de
> > distribuilo
> > > e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro
cando
> > > engadan moitas...
> >
> > Ben, son novo nisto e ofrecinlle a miña axuda a Nacho (Juan Ignacio)
para
> > comezar un proxecto de traducción do Linux en galego, pero cómo non, os
> > galegos non podemos estar quietos e xa había esta pequena familia no
allo.
> > Alégrame moito unirme a vós e axudarvos no que poida dende o Instituto
da
> > Lingua Galega, en concreto sobre a listaxe de palabras para o Ispell,
porque
> > eu xa teño unha feita que contén ó redor de 127.000 palabras (que non
está
> > nada mal para comezar!). O problema é se se pode facer algo máis (ou
máis
> > ben se se debería facer algo máis), entre outras cousas porque son ó
redor
> > de 26.000.000 millóns de formas verbais as que se terían que corrixir en
> > galego e que moito me temo, non se poden incluír así como así nun
ficheiro
> > (nin en Windows nin en Linux). Ademais creo que tamén habería que
mira-la
> > maneira de incluír ficheiros de axuda que teñan unha relación de
> > castelanismos e formas incorrectas que remitan a unha forma ou formas
> > correctas en galego. Isto é só para ir abrindo apetito.
> >
> > Un saúdo
> >     X.M.
>
> O Ispell utiliza un diccionario de palabras que non é unha simple serie
> de palabras unha detrás da outra. Se parte dun arquivo de afixos
(prefixos,
> sufixos e ...) e unha lista de palabras nas que se indican os afixos que
poden
> levar (é algo máis ou menos así).
> A tarefa é aprender a sintaxis exacta de eses arquivos e despois
> construilos.
> En canto as posibilidades de correción que da o Ispell penso que se
> reducen a buscar-la palabra no diccionario (incluindo variantes) e suxerir
> palabras parecidas que estén incluidas nel. Dudo que se poidan incluir
axudas
> para evitar castelanismos, a lo menos sen modificar o programa mesmo.
> De todos xeitos hei seguir buscando máis información ó respecto.

Pois ben, tampouco é nada difícil descompoñer ese número de palabras, entre
outras cousas porque seguín un método de formación de xénero, número e
plural por diferentes tipos (camión-camións, neno-nena-nenos-nenas, etc),
sendo moi doada a extracción dos morfemas e a conexión entre lexemas e mais
morfemas ó estaren separadas as formas orixarias en diferentes bases de
datos!!!).
A base de datos de verbos ten unha parte de desinencias, con máis de 200.000
celas de información, e outra de raíces (sobre 8000) coas correspondencias
feitas. Está mellorada con respecto á que se utilizará no que vai se-lo
corrector "Galgo", e ten algunha cousella que modifica a estructura
substancialmente.

> PD: ¿É realmente molesta a miña firma?

A min chamoume a atención, pero nada máis, está moi ben feita e non tiven
ningún problema para vela. Moi persoal

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a