AFORJANB36 wrote:
> 
> Ola.
> 
> Esta é unha mensaxe para decirvos que algún(s) membros de Galego21
> estaremos nesa Xuntanza de Marzo en Compostela e esparamos coincidir alí
> con todos vos. Polo de pronto xa vos anuncio que estamos dispostos a
> axudarvos en algún proxecto ou a encetar algún proxecto en común na medida
> das nosoa posibilidades, así que sería bo comezar a falar de datas, horas;
> e cecais proxectos?
> 
> Saudos.

con esto que vou dicir non me estou a referir unicamente ao que dis ti,
senón a moitas outras propostas que se fan arredor das xuntanzas; así
que non mo tomes a mal nin apliques todo o que digo a este caso.

as xuntanzas son importantes nos grupos e asociacións de calquera tipo;
pero nestas asociacións ou grupos nos que estamos non hai unha única vía
de reunirse. precisamente nós temos que aproveitar as bondades da
tecnoloxía:

por exemplo, permiten comunicarnos tal e como estou a facer eu agora.
non importa onde e cando lea cada un o correo-e (ou grupos de noticias)
que todo o mundo se vai enterar. como mostra dicir que nas listas de
correo do GLUG, GPUL-traducción e GzLiNuX hai moita moita xente incluso
de fóra da Galiza: Madrid, Reino Unido, Brasil, etc.

outro método: o IRC. si si, normalmente o IRC é máis de carallada, pero
por exemplo en Debian estano a utilizar para os debates dos candidatos a
líderes do proxecto.

así que eu poñería máis atención a comunicarnos que ao medio polo que
nos comuniquemos, porque non esquezamos que nas xuntanzas "en persoa"
sempre hai moita xente que por unha cousa ou por outra non quere/pode
ir. se eses proxectos dos que falas os acordamos nas listas de correo,
tod@s poderemos coñecelos e opinar sobre eles. debemos procurar que
sempre teña acceso a maior cantidade de xente posible.

para rematar, dicir que o da asemblea do GLUG que dicía eu anteriormente
é un caso algo especial, porque temos unha organización diferente con
estatutos, cuotas de socio, etc. o que si que dá máis sentido a reunións
"en persoa" (pese a que aínda non fun a ningunha -Newton, non me mires
así ;))))-).


PD para a lista de GPUL-traducción: mando tamén a resposta a esta lista
por se vos interesa o que di o autor.

> Anxo.
> 
> ----------------------------------------------------------
> >>  Eu apoio os PROGRAMAS e o Linux en galego [http://www.galego21.org


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a