olá: antes de nada, estivemos a falar o venres á noite nenhum e máis eu, e dixo que quería suscribirse así que aquí está.
xa levávamos tempo falando de portais de linux en galego; moit@s aínda non saberedes moito de que vai a historia así que ahí vai: hai varios meses un rapaz mandou unha mensaxe a varios grupos (GLUG, Gzlinux e GPUL creo) pedindo colaboración para un portal de Vieiros e Galego21. en principio ía ser de tecnoloxía (informática, tfonía móbil, ...) e en galego; e eu intereseime. pero isto tería que estar xa en febreiro e aínda non se sabe nada (e non me respostan ao correo), así que eu creo que é mellor irse esquecendo deste tema. despois, outro dunha empresa (www.dinaweb.com) prantexou un portal de linux na lista de gzlinux. este agora é o presidente dunha asociación de empresas relacionadas con internet, e supoño que o portal estaría relacionado con esta asociación. nestes momentos non teño máis información. pois ben, un dos temas da conversación con nenhum foi que el prantexou que, con ese panorama, el e máis eu fixéramos un slashdot galego (estilo pontobr.org, gildot.org, ¿barrapunto.org?). ao final acordamos que o primeiro paso podería ser manter algo semellante pero relacionado co legal, a ver se lle interesaba á xente e esas cousas, e que despois xa se vería. sería como unha sección máis ou algo así. era tarde e deixamos así a cousa no aire, sen especificar moito como ía ser nin nada diso ... así que tampouco vos podo dar máis detalles. e supoño que tod@s tedes claro máis ou menos como sería así que non fará falla tampouco ;)) que opinades? aburinho!! ________________________________________________________________________ Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <[email protected]>

