Bueno primeiro que é o mailman, ainda que seguro que todos o sabedes porque
volo teredes atopado por ahí en máis dunha ocasión. O mailman eche un
programa para xerar listas de correo que non está nada mal, cunha interface
web bastante xeitosa e moi configurable. Un pódese suscribir ás listas así
como administralas dende a web, cadansua lista pode ter o seu administrador,
...

Estaba eu instalando por aquí mailman e me atopei con que o programa está
todiño en inglés, ata o interface web, que é precisamente o máis usado para
argallar coas listas do mailman, cousa que me chocou un pouco, supuxen que
sería configurable, e tentando atopa-lo xeito de facelo, topei con isto:

     * Mailman Internationalization is the list for discussing the
       multi-lingual extensions to Mailman, which will likely be folded
       into the standard distribution after the 2.0 release. Once
       integrated, this list will be a way for language translators to
       submit new translation files.

A pregunta é... alguén sabe algo de coma lles vai con isto, hai algún
traballo en galego ou castelán feito?

Polo que entendo eu, a traducción non entraría no release 2.0 agora están na
beta 5, alomenos en debian, senon que sería para despois, inda así creo que
era unha cousa boa ter esto en galego :-)

A verdade, o interface do mailman non está nada mal ó estilo das listas de
egroups/onelist mais ou menos :-)

Se non temos nada feito con respecto a esto creo que me apuntaría á lista
esta para tentar saber mellor como vai a cousa e se tal empezar a traducilo,
para o que eu quero montar (as listas da Arroutada Party) necesitabao en
castelán, pero xa postos, pois se tal fago as do galego tamén ;-)

Sí, xa sei que parece unha contradicción que a party se chame Arroutada y
que teñamos todo en castelán, pero... que se lle vai facer, as cousas están
así.

En fin, que vos parece a cousa?

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a