> pois quería que me informase algo sobre este tema, o estado actual tanto
> en gl como en es, e supoño que sería mellor en privado ca nesta lista.

Home, non creo que por darlle algo de actividade á lista vaiamos a ter
ningún problema, ademais había un voluntario ademais de min para a
traducción ó galego que tamén lia a lista.

Non sei porque dis que é offtopic, a verdade, en fin, en canto ó que
preguntas o estado da traducción...

As ultimas noticias que teño era que estaban marcando o texto, non sei se xa
remataron, a verdade é que a cousa eche un pouquiño un desastre, non se
poñen moi de acordo, podes ler as discusións na lista de
internacionalización do mailman
(http://www.python.org/mailman/listinfo/mailman-i18n)

O que leva a traducción en xeral é un tal jc...@uma.es da universidade de
málaga, que coordina o tema. Nembargantes, xa hai tempo que non di nin mu de
feito, fai pouco que alguén preguntou pola traducción en castelán e non
respostou nada.

En fin, xa ves, polo de agora pouco che sei, pero agora mesmo lle escribo a
ver que me conta, se tal cando teña novas xa as poño por aqui.

De todo-los xeitos, querías simplemente información, ides usar mailman
nalgures? ou quereste ofertar para axudar na traducción?

Veña, vemonos, saudiños!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a