O Mércores 26 de Novembro de 2003 ás 02:40, Javier dicía: >bitrate
"Taxa de bits". Ratio é unha palabra latina que usan bastante en inglés, pero que aquí é xeralmente usada coa forma evolucionada "razón". Quero dicir, o significado de ratio, tamén en inglés, é unha relación entre dous números, polo tanto non é o mesmo que rate, que se traduce como taxa. -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno