Pois non che me gusta nada, nada.
Iso significaría andar a remolque do que se faga en castelán. Ademáis dubido
moito que as traducións sexan moi correctas, tede en conta que case todo o que
hai é a tradución dun orixinal en inglés, polo que estariamos a falar da
tradución dunha tradución...
Polo que a min respecta estou totalmente en contra, pero se se chegase a facer
¿non sería mellor traducir dende o portugués?
Un saúdo,


Víctor Andrade



Citando Susana Sotelo Docío <s...@linghoo.com>:

>
> Ola a todos,
> hai uns días incorporeime por segunda vez á lista (aínda que a primeira
> non cheguei a participar e coincidiu con aquela distribución masiva de
> virus).
>
> Na USC parece ser que chegaron a un acordo coa Dirección Xeral de
> Política Lingüística para o uso do traductor automático que fixeron no
> Ramón Piñeiro (ESGA, español-galego). Pensei que se podería considerar a
> posibilidade de utilizalo para traducir documentación que xa estea
> dispoñible en español, de xeito que logo só habería que revisar os
> erros (tendo en conta a versión orixinal), e adaptalo ás normas de
> estilo definidas.
> Habería que ter en consideración un par de cousas:
>
>   o Non está aínda adaptado á nova normativa (aínda que eu penso que eso
>      se resolve cun script en sed ou similar).
>   o Está preparado para recibir texto "normal", non etiquetado, co que
>      habería que facer un pre- e un post-procesamento.
>
> Non sei que pensades a respeito disto... credes que compensa poñerse en
> contacto co SNL da USC e intentar algo por esta vía?
>
> [pego ó final do correo unha copia da mensaxe que enviaron anunciando o
> acordo]
>
> Saúdos,
> --
> Susana Sotelo Docío
> http://www.linghoo.com/de/sdocio                               _o)
>                                                                / \\
> "Neunu ti at a abberrer mai si thocceddas a sas jannas       _(___V
> cun mudos thoccos de ocros" -- proverbio sardo               #96506
>


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a