Eu estou en contra porque as traduccións automáticas dan moitos fallos, e cando se fala da documentación non se pode xogar porque a veces (dependendo do tema do que trate a documentación) pódense causar desfeitas cando o lector interpreta ó pé da letra unha documentación con erros. No caso de que se vaia face-lo traducción automática propoño que se faga directamente dende a lingua orixe (normalmente o inglés) porque asi redúcense os posibles fallos na traducción automática. Respecto ó de revisa-la traducción automática, perderíase moito tempo comparando a traducción co orixinal. En todo caso hai que facer algo ca documentación. Onte estiven no LDP mirando a pouca documentación que hai en Galego (un howto e seis mini-howtos) e creo que vou actualiza-la traducción dun deles (Linux Partition HOWTO). Dous dos howtos non se poden actualizar porque un deles non ten unha versión posterior á traducida ou porque o documento orixinal desapareceu do LDP. En todo caso ca opinión de dúas persoas non abonda.
Ata logo,
Leandro


chou...@agnix.org escribe:
Pois non che me gusta nada, nada.
Iso significaría andar a remolque do que se faga en castelán. Ademáis dubido
moito que as traducións sexan moi correctas, tede en conta que case todo o que
hai é a tradución dun orixinal en inglés, polo que estariamos a falar da
tradución dunha tradución...
Polo que a min respecta estou totalmente en contra, pero se se chegase a facer
¿non sería mellor traducir dende o portugués?
Un saúdo,

Víctor Andrade Citando Susana Sotelo Docío <s...@linghoo.com>:

Ola a todos,
hai uns días incorporeime por segunda vez á lista (aínda que a primeira
non cheguei a participar e coincidiu con aquela distribución masiva de
virus).
Na USC parece ser que chegaron a un acordo coa Dirección Xeral de
Política Lingüística para o uso do traductor automático que fixeron no
Ramón Piñeiro (ESGA, español-galego). Pensei que se podería considerar a
posibilidade de utilizalo para traducir documentación que xa estea
dispoñible en español, de xeito que logo só habería que revisar os
erros (tendo en conta a versión orixinal), e adaptalo ás normas de
estilo definidas.
Habería que ter en consideración un par de cousas:
  o Non está aínda adaptado á nova normativa (aínda que eu penso que eso
     se resolve cun script en sed ou similar).
  o Está preparado para recibir texto "normal", non etiquetado, co que
habería que facer un pre- e un post-procesamento.
Non sei que pensades a respeito disto... credes que compensa poñerse en
contacto co SNL da USC e intentar algo por esta vía?
[pego ó final do correo unha copia da mensaxe que enviaron anunciando o
acordo]
Saúdos,
--
Susana Sotelo Docío
http://www.linghoo.com/de/sdocio                               _o)
                                                               / \\
"Neunu ti at a abberrer mai si thocceddas a sas jannas       _(___V
cun mudos thoccos de ocros" -- proverbio sardo #96506
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a