Eu suxeririache que revisaras as traducións a fondo. Xa sei que é moi aburrido e pesado, pero non se trata só de traducir e traducir. Vin que o nivel de tradución de GNOME subiu moito e de golpe e non creo que a calidade da tradución sexa moi alta. Non é por desmerecer o teu traballo, pero é que revisar o xa feito é moi necesario. Eu estou intentando aplicarme isto mesmo.
Por certo, no k3b vin un erro de tradución na ventá que aparece mentres se grava o CD ou DVD. Non me acorda exactamente cal, pero o tradutor encargado pode molestarse en miralo e corrixir o erro. Ata logo, Leandro Regueiro > > Pois poñereime co kbabel de momento, en canto o remate mándocho, > > para dous programas que emprego de kde... De gnome xa non sei que > > traducir, algunha suxerencia? > > Saúdos. > >
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno