O Venres, 4 de Agosto de 2006 16:27, Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Ola, copiei todo o de http://websvn.kde.org/trunk/l10n/gl/messages/ en
> http://argan.homelinux.com/gl/KDEtrunk/.

Estupendo. Xa só isto merece que se conserve a titulación de Telemática!!!

A ver se fago algunha proba mais.

De momento parece que está todo, supoño que os detalliños que cito son erros 
do próprio pootle:
Erro=> Estatísticas:  79% translated + 8% fuzzy + 11% Sen traducir = 98%. Onde 
vai o 2% restante, Serán entradas específicas de KDE (os créditos de 
tradución, supoño)?
Erro=> 79% translated??????????? As estatísticas en 
l10n.kde.org/stats/gui/trunk/gl/index.html marcan un 72.99%, mais ou menos o 
mesmo que o catalog manager de kbabel.
Erro=> Detecta un total de 593045 palabras. A fin de semana pasada pasei-lle o 
guión do translation toolkit á miña cópia local do repositório e daba-me un 
total própio á 700K palabra.
Erro=> Detecta 111279. En realidade son 134035. A diferenza é perto do 17%.

-Como anónimo (non me identifiquei) non me deixa suxerir, acedo como 
administrador para mudar os permisos.
-O proxecto non aparece en "enlaces rápidos"
-Nos permisos, cámbio "nobody" para ter Ver+Suxerir. Engado o "administrador 
de probas" para ter todos os permisos
-Desconecto do usuário administrador. Agora --supoño-- son nobody.
-Imos para extragear-network (o primeiro que non está completo).

Problema=>Vaia, claro, non se ven os ficheiros que faltan (non están nen 
criados no repositório), por iso estarán mal as estatísticas.

-Acedamos a ktorrent.po.
-Deixa-me unha opción, á direita da coluna onde aparece a cadea traducida, 
pero mais aló desta coluna, onde pon "Editar". Dou-lle á segunda cadea 
(Uploads), remprazo por "Subidas" e dou-lle ao botón suxerir.

Problema=> Non se ven as suxeréncias por nengún lado. Onde vexo "Editar", 
deberia ver "Suxerir", e asimesmo, as cadeas onde haxa suxeréncia deberan 
mostrar esta, por exemplo como no kartouche.

-Volto a conectar como administrador. Vou a todos os proxectos e a 
KDEtrunk/galician/eg-network. Para ver se podo ver as suxeréncias por aí.
Problema=>Non vexo a suxeréncia feita como nobody hai un segundo.
-Obteño o ficheiro para ver se foi rexistrada
Non foi rexistrada.

Problema=>Non vexo unha forma intuitiva de revisar as traducións.
Dito en inglés: Fuck!!!

> P.S.: Para o resto da xente (por se estas mensaxes resultan un pouco
> crípticas), estoulle botando unha man a mvillarino subindo uns ficheiros
> ao servidor Pootle de proba, replicando a estrutura do svn. Non estaba
> moi claro como se podía facer, polo que houbo algún que outro problema.
Cal é o obxectivo de todo isto, amais de ter outro fio eterno na rolda de 
correo?
-Coñecer o funcionamento do pootle.
-Colaborar para mellorá-lo.
-Probá-lo para ver se é viábel como sistema de produción nun proxecto tan 
amplo como trasno.

Felipe: Vou tentar traducir isto (antes do PS) e enviá-lo a modo de informe de 
erro para a rolda de pootle.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpemOrjmZOJW.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a