Ola a todos:
Estou facendo a revisión (fixen unha primeira traducion e estou afinando) da tradución do keepassx, é a versión do keepass para linux. Eu teñoo instalado no ubuntu 6.06. (tamen en windows a version keepass (sen a X) pero para ese SO non lle vou facer a tradución)
¿alguen usa esta aplicación?
Como xa comentei isto vai con qt. e non ten os tipicos .po de todos xeitos é moi simple a verdade sorprendeume o sinxelo da tradución e o ben que funciona o qt3 linguist. Gostaríame saber se hai algún voluntario que lle vote un vistazo ao que estou a traducir porque seguro que hai algo mal.
Saudos a todos
A páxina do proxecto é http://keepassx.sourceforge.net/


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a