Ola outra vez,
vexo que debería ter posto nalgúns casos a opción que eu escollin para
a tradución de Inkscape e noutros casos citar o contexto no que
apareceu, ou se solicitaba a tradución coma verbo, coma nome ou
ambolos dous.
On 8/9/06, Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> wrote:
El miércoles, 9 de agosto de 2006 a las 13:39:20 +0200, Leandro
Regueiro escribía:
Omito as que non sei, as que están repetidas ou as que estean xa no
glosario do Trasno.
> format = formatar, formatear?
Formatar.
No meu dicionario aparece formatear...
> zoom
Aumentar ou ampliar.
Eu usei achegar e alonxar para zoom in e zoom out. No resto deixei
zoom porque no diccionario di que zoom é un aparello que se usa para
ampliar... Tamén se poderia usar ampliacion...
> pattern
Patrón (e "template" tamén é "patrón").
pattern = Patrón, estándar, tesela, mosaico. Sobra algún ¿non?
> preview
Previsualizar, previsualización.
> reference
Referencia, ¿non?
Coma verbo supoño que sería referirse a
> rename
Cambiar o nome (non hai "renomear").
No meu diccionario aparece renomear citando o seu uso na informática
> gradient
Gradiente.
Traducindo o Inkscape vin que se usaba degradado. Confirmeino
consultando a tradución do gimp.
> palette
Paleta (a dos pintores, non a dos albaneis).
> resolution
Resolución (de pantalla, de impresión).
> indent
Nun texto: sangrar. Derivado: sangría.
Máis abaixo falaron de indentar. Eu prefiro sangrar, pero deixamos
indentar coma opción alternativa? eu diría que non...
> render
Representar, debuxar.
Preguntaba polo uso que se fai coma renderizar...
> justify
Xustificar (un texto).
> fullscreen
Pantalla completa.
> metadata
Metadatos (neoloxismo).
> portrait
Retrato
> landscape
Apaisado (orientación do papel)
> clear
Borrar, limpar, despexar.
e baleirar tamén
> attribute
Atributo.
máis abaixo citaban característica...
> toggle
Cambiar, conmutar.
alguén engadiu activar/desactivar
> trace
Trazar, calcar, seguir.
delinear ou algo así non vale, ¿non? vino nunha parte de Inkscape na
que a partir dun mapa de bits extrae un camiño (path), ou sexa que
vectoriza a imaxe. Poderiase usar vectorizar?
> flip
Invertir, virar.
será inverter...
> bitmap
Mapa de bits.
> canvas
Lenzo.
> scrollbar
Barra de desprazamento
> match
Coma verbo: encaixar, coincidir, buscar.
Coma nome: coincidencia, correspondencia.
citaban ocorrencia noutra mensaxe...
> tile
Mosaico, azulexo.
tesela podería valer, pero para o contexto no que aparece en Inkscape
non me convence ningunha. Alí falan de clonar obxectos... Non sei como
explicalo, podedes baixar o Inkscape e ir ó menú Editar -> Clonar ->
Create tiled clones...
> guideline
Guidelines: Liñas mestras, directivas, normativa, orientacións.
non Inkscape hai unhas liñas que sacas das regras e serven para guiar
ou algo así. Eu usei liñas de guía
> highlight
Resaltar.
e resalte tamén. Falaban de realzar, pero non caio en cal é o
substantivo...
> skew
Inclinar.
> regular
Normal.
> handles = os chismes estes que aparecen no lenzo ó redor dunha figura
Asas.
Si, non se me ocorre nada mellor, agás tiradores para casos
particulares nos que non valen as asas...
> plotter
Plotter (é un tipo de impresora que se inventou para debuxar planos, e
hoxe en día emprégase tamén para facer carteis e para recortar vinilo).
tamén falaba do que fai "plot", trazador poderia valer...
> plot = representar?
Debuxar, trazar.
e representar non? "plot the sin(x) function"
> standalone = independiente?
Independiente.
> check = comprobar, marcar un cadro, verificar?
Comprobar, marcar.
e sigo engadindo verificar...
> step??? paso, nivel?
Paso.
alguen dixo etapa, que tamen me parece ben
> misc
> miscellaneous
Varios, variados.
e miscelánea que comentou alguén. Ainda me parece máis axeitado.
> publisher
Editor (dun libro)
e se non é dun libro senon dun documento...
> clockwise
Na dirección (¿no sentido?) das agullas do reloxo.
falaban de sentido horario e antihorario. No meu diccionario non
veñen, pero supoño que poderemos estender o galego, que se ten que
adaptar ós novos tempos...
> counterclokwise
Na dirección (¿?) contraria á das agullas do reloxo.
> frame = fotograma, marco, cadro??
Marco, fotograma.
> display = visualización
Pantalla, visualizar, visualización.
> segment = sector
Segmento (de liña).
No Inkscape tiven que usar sector, para os sectores coma os dos
diagramas de sectores
> cue = sinal
Si, emprégase no teatro, cine, TV e radio.
falaban da marca do punteiro cando cambia para seleccionar ou algo
así. Non se me ocorre nada mellor.
border = contorno, bordo
deselect = deseleccionar
extrude = extruir, extrudir. Extrusión si que existe, pero non sei cal
é o verbo...
grid = grella, reixa. Eu usei reixa...
overlap = sobrepoñer, superpoñer
row = fila, liña. Creo que poderíamos quedar só con fila
scroll = desprazar?? scroll with the mouse. the scroll button of the
mouse...
set = establecer, configurar, axustar, marcar un cadro
snap = axustar. Creo que non. Mellor pegarse, ou engancharse. Fala de
cando unha ventá se snap a outra ou a un bordo da pantalla...
switch = trocar, comutar, cambiar, mudar, interruptor
template = Patrón, modelo
tutorial = titorial
Isto é todo por agora rapaces...
Ata logo,
Leandro Regueiro
------------------------------------------------------------------------
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno