> > > mailbox = buzon?
> >
> > Buzón é castelanismo. Caixa de correo.
> > Hai outra palabra, que non recordo, que é para as caixas de correo

> > > anchor
> >
> > Referido ás marcas <a href="ligazón">texto</a> ?
> > Nos poucos editores de html que teño visto, insere-se no ícone que
> > representa unha áncora. Pero case preferiria traduci-lo funcionalmente:
> > "ligazón".
>
> aqui refírese a outro anchor que non é o das páxinas web...
A cal? Ao criterio para localizar o ponto base dun elemento nun deseño
("anchor to character, to paragraph, to page")?

No Inkscape no menú Obxecto->Aliñar e distribuir. Con isto aparece
unha ventá na que hai varios botóns e se pos o rato sobre eles un
anaco e o deixas estar enriba apareceche un globo de axuda (tooltip)
que nalgúns casos pon cousas coma "Align right sides of objects to
left side of anchor". Se prememos nese botón o que facemos é que
tódolos obxectos que temos seleccionados se peguen ó bordo dereito da
caixa de contorno (bounding box) que forman tódolos obxectos
seleccionados.

> > > plain
> >
> > simples, liso
>
> os contextos que se me ocorren virian sendo "plain svg" ou "plain text"

"Plain text" xeralemente poño "texto simples", a que soa mal?
"plain svg" colle-me un pouco co paso cambiado: "svg simples", pero simples
por que?, que aditivos pode ser to svg para enriquecé-lo? (aparte de
<script></script>)

SVG é un estándar definido polo W3C, pero cando o adoptaron Sodipodi e
Inkscape engadiron certas etiquetas (ou algo así) para personalizalo.
Ó estándar oficial, o do W3C, chámanlle "plain svg"


> o de parceiro mireino no diccionario e é a tradución exacta. Queda
> discutir sobre se é axeitado introducir este termo novo e ó que
> estamos tan pouco afeitos, pero se se pensa un pouco non hai outro
> xeito de traducir peer...
ao que estamos tan pouco afeitos => é o momento mais axeitado. Non vaia a ser
que nos afagamos a configurar proxys e logo non saibamos o que é un servidor
mandatário ;-)

de aquí en diante hei usar parceiro e ó lado heille poñer entre
parénteses peer, a non ser que a alguén con certa autoridade opine
outra cousa.

> o de leech=egoista vexoo un pouco forte.
Admiten-se suxeréncias.
Estaba a pensar por-lle "pedichón".
Sabes esas canas que lles saen ás árbores perto do chao e que só valen para
que non lle deixen medrar á árbore se non se lle quitan? Como se chaman?
Seria un nome axeitado?

Alá de onde eu son chámanlle fillos. Pedichón está mellor. Igual é boa
idea poñer o termo orixinal ó lado entre parénteses.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a