Oes, 

xa nos explicarás como se mobiliza a tanta xente para apoiar (neste caso) a 
creación do asunto. Agardo sexan todos asiduos colaboradores nas traducións.



O Mércores 03 Xaneiro 2007 10:33, Suso Baleato escribiu:
> Boas xentes de Trasno:
>
> Escrebo só para dar unha boa nova: avisar que ven de ser creada a lista de
> localización ao galego da Debian debian-l10n-galic...@lists.debian.org.
>
> Trátase dunha lista de política aberta, de libre suscrición e arquivo
> público. O seu propósito é afortalar o soporte da distro no noso idioma
> promovendo a consolidación da comunidade Debian galega.
>
> Podedes consultar o seguimento da proposta de criazón eiquí:
>
> http://bugs.debian.org/cgi-bin/bugreport.cgi?bug=404451
>
> e o fío da posta en común que tivo lugar na lista de internacionalización
> da Debian (clicando en thread-next):
>
> http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00177.html
>
> Quen desexe se suscreber pode facelo por sí proprio/a eiquí:
>
> http://lists.debian.org/debian-l10n-galician/
>
> Basta introducir o próprio enderezo no cadro correspondente e premer o
> botón "subscribe". De seguido recibirá un correo ao que deberá respostar
> sen modificar os cabezallos, e ficará suscrito/a.
>
> A participación da xente que levades aportando durante os últimos anos é
> importante, e a da xente que non o fixestes -ou deixastes de facelo- por
> resultarvos frustrante a experiéncia tamén: dos erros apréndese, sobre
> todo cando se poñen en común e con vontade proactiva.
>
> Por suposto podedes difundir esta nova do xeito que mellor vexades.
>
> Saúdos e graciñas polo voso apoio,
>
>
> PS: Desculpas se hai dupe, andiven con lío cos relays.
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a