Ola:

Eu opino que son abondo as listas que hai.
Se realmente houbese tanto ruido que fixese falta separar sería estupendo pero dame que non é o caso.
Eu sinceiramente quedome coa lista de trasno. Insisto, non é por ser excluinte só práctico. Oxalá fósemos máis e fixesen falta mais listas especificas.

É só unha opinión.

Saudos


Xabi G. Feal escribió:
Oes, 

xa nos explicarás como se mobiliza a tanta xente para apoiar (neste caso) a 
creación do asunto. Agardo sexan todos asiduos colaboradores nas traducións.



O Mércores 03 Xaneiro 2007 10:33, Suso Baleato escribiu:
  
Boas xentes de Trasno:

Escrebo só para dar unha boa nova: avisar que ven de ser creada a lista de
localización ao galego da Debian debian-l10n-galic...@lists.debian.org.

Trátase dunha lista de política aberta, de libre suscrición e arquivo
público. O seu propósito é afortalar o soporte da distro no noso idioma
promovendo a consolidación da comunidade Debian galega.

Podedes consultar o seguimento da proposta de criazón eiquí:

http://bugs.debian.org/cgi-bin/bugreport.cgi?bug=404451

e o fío da posta en común que tivo lugar na lista de internacionalización
da Debian (clicando en thread-next):

http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00177.html

Quen desexe se suscreber pode facelo por sí proprio/a eiquí:

http://lists.debian.org/debian-l10n-galician/

Basta introducir o próprio enderezo no cadro correspondente e premer o
botón "subscribe". De seguido recibirá un correo ao que deberá respostar
sen modificar os cabezallos, e ficará suscrito/a.

A participación da xente que levades aportando durante os últimos anos é
importante, e a da xente que non o fixestes -ou deixastes de facelo- por
resultarvos frustrante a experiéncia tamén: dos erros apréndese, sobre
todo cando se poñen en común e con vontade proactiva.

Por suposto podedes difundir esta nova do xeito que mellor vexades.

Saúdos e graciñas polo voso apoio,


PS: Desculpas se hai dupe, andiven con lío cos relays.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
    
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

  

--

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a