Por claridade envio a miƱa mensaxe nun ficheiro html anexo.

Saudos
Ramon
Title: relatorio-porrinho





Tal e como anunciei no seu momento entre o 30 de novembro e o 3 de decembro do ano pasado tiveron lugar as I Xornadas galego-lusofonas de Software Libre no Porriño. As ditas xornadas foron retransmitidas ao vivo na páxina de mancomun, sendo loxicamente gravadas, e con un pouco de retardo, poden-se voltar a ver de novo en mancomun.

Eu fun un dos participantes na mesa 5, adicada a Língua e novas tecnoloxias. Na que se ben non fun como O representante do Trasno, tampouco agachei, se non todo o contrário, a miña pertenza a este proxecto.

No final das xornadas houbo unha tentativa de escreber unhas conclusións das mesmas. Facia frio de máis, e habia un aquel resacoso no ambiente, para escrebermos un documento moi coerente e anovador, mais foron-se tratando os diversos temas debatidos. As conclusións dalgunha das mesas; mesa 2 O software libre na educación e mesa 3 O Software Libre nas Empresas e na Administración Pública, xa foron divulgadas na páxina de AGNIX. Da mesa 5, como das outras, tamén se tiraron no momento algunhas conclusións, que reproduzo a seguir:

É importante distinguir entre tradución e localización. O primeiro termo refírese a expresar nunha lingua unha mensaxe doutra lingua. O termo de localización vai un paso máis e expresa esa mesma mensaxe no contexto cultural propio desa lingua.

Unha das vantaxes máis importantes do Software Libre é que permite adaptarse ás peculiaridades culturais das diferentes linguas dun xeito moi fácil. O traballo de localización non soamente se basea na tradución, senón tamén en completar documentación de axuda ou en deseñar material gráfico acorde co entorno cultural da lingua.

Para colaborar coa comunidade de Software Libre non é indispensable ter coñecementos técnicos para desenvolver software. O traballo de adaptación de contidos é moi necesario e case tan importante coma o desenvolvemento tecnolóxico xa que permítelle a máis persoas participar e gozar dos beneficios do Software Libre.

A comunidade galega debería procurar máis apoio nas comunidades lusófonas e colaborar coas ferramentas en desenvolvemento nestas linguas para mellorar a tradución e localización de proxectos de Software Libre.

Eu non fiquei moi contento co escrito, asi que rescrebi-no ao meu xeito, e enviei-no a lista de correo de participantes no evento. Houbo unha persoa que achou mellor o texto que o orixinal, e nengunha outra resposta. Son os problemas das lista de correo, non poder-lles ver o rosto aos outros para saber se asenten ou se achan o dito unha toleria que é mellor ignorar. En todo caso reproduzo as miñas conclusións, que por agora son persoais:

A liberdade inerente ao software libre garante a posibilidade de localización do software a calquer língua e cultura, permitindo contornar barreiras económicas ou políticas. Porén os condicionantes políticos e de mercado influen loxicamente na extensión e profundidade dos distintos proxectos localizadores.

A localización consiste na adaptación global do software a unha cultura determinada, con unha importante parte lingüística, a tradución, mas con outros aspeitos como son as notacións matemáticas, usos horários e de calendário, os referentes literários e iconográficos, etc.

Para colaborar coa comunidade de software libre non é necesário ser programador. Traballos de localización, documentación e difusión son fundamentais na vida da comunidade.

Mesmo en comunidades lingüísticas numerosas e con poder político, onde a indústria do software xa localiza naturalmente, o software libre dá lugar a unha democratizazón do proceso de localización. O que no caso brasileiro permite unha dignificazón da linguaxe informática, limpando-a de anglicismos desnecesários.

No caso galego as oportunidades brindadas polo software libre non foron desaproveitadas, levando-se a cabo unha importante labor localizadora, que contribui no proceso normalizador do galego. Contodo na Galiza os resultados do esforzo de localización do galego son por un lado influenciados e por outro comparados con, os resultados da localización ao castelán, que leva a cabo unha comunidade lingüística moito maior, e con un apoio político moi superior. Unha maneira de compensar parcialmente esta desigualdade, é aproveitar os esforzos doutra grande comunidade lingüística, a lusofona.

Un saudo

Ramon

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a