O Venres, 5 de Xaneiro de 2007 11:36, vostede escribiu:

Olá!
a ver se cun pouco de bon tempo, este luns podo enviarche unhas cousas de 
trunk algo actualizadas.

Vou facerche un comentario acerca do asunto da rolda de debian: estou mais ou 
menos de acordo co que comentas, pero deberías ser menos agresivo na forma de 
expresarte, ou pódenche tentar con mais ou menos atino voltar as palabras na 
túa contra.

Isto é o caso por exemplo do asunto do correo. Eu entendo que a iniciativa 
deste tío está englobada na estratexia da xunta, pero de ahí a dici-lo ás 
bravas, abertamente e sen probas, hai un mundo, de tal maneira que agora 
foche vendido como se te opuxeses á criazón da rolda. Iso non é 
particularmente positivo, dado que ante a xente que quixese entrar nova, 
poderías ser oferecido como un ogro.

> Non dixen nada acerca de si gusto ou non do proceso de creación da lista,
> moito menos de que non guste da propia creación. Ao contrario, paréceme
> ben. Só simpaticei con Jacobo polo feito que houbo de non contar con el ao
> principio.

A posición de jtarrio no sentido de "como me toquedes unha letra do debconf ou 
do debian-instaler, voume" non me parece correcta. Aceitar, hai que aceitar 
polvo como animal acuático, non vou ser eu quen se enfarrague mais do que 
está, pero case é unha chantaxe. Sobre todo se pensamos que o único que é 
realmente parte de Debian son as dúas seccións mencionadas, o resto ven dos 
proxectos orixinais.

> Paréceme temerario que aínda por riba se fale de accións de boicote ou
> críticas destructivas dende a comunidade (neste caso só eu) cando se están
> a repetir os erros de sempre. Os que teñen máis que perder somos nós, os
> que traducimos por libre dende vai moito máis tempo, os que traballamos por
> desinterese e vemos como as iniciativas de goberno non nos teñen en conta.
> ¿Será só unha impresión miña? ¿Cres que isto nos anima a traballar?

A min nen fú nen fá, paréceme en xeral que a estratexia da xunta/cesga non é 
particularmente eficaz, nen no presente, nen no futuro a ±2 anos vista:

--ligarse con entrans no canto de pootle,

--agora meter a mao en debian (precisamente o proxecto que mais forte aposta 
por pootle)

--pechar as actividades en mancomun, non dispor unha persoa 
para "debian/oo.org/hunspell developer" ou como se chame a cousa, para 
publicar os traballos feitos co hunspell/oo.org nos proxectos orixinais,

--non criar unha comunidade efectiva.
Sí, métense moitos proxectos no allo, que si ciberirmandades, que si lug's, 
etc, pero moi poucas horas/home de traballo en tradución.
Sintomático é que o contacto entre os tradutores non se realice através das 
roldas de mancomun, e que non se estabelecese unha canal "oficial" através do 
cal podamos revisar a corrección ortográfica, sintáctica e léxica das 
mensaxes, existe o Termigal, pero digamos que non foron "casadas as pezas".

--non fomentar o contacto entre os tradutores (anima a seguir, parece mentira)
--non elaborar recursos de formación (aínda hai dous días recebin un correo de 
dmuñiz dicindo que lle gostaría que houbese algo parecido a unha reunión para 
intercambiar experiencias/metodoloxías)

-- sigo?

Penso que, até certo ponto, algunhas destas cousas son organizábeis por nós, 
podíamos facer un seminario/xornada, onde nos expliquemos uns aos outros os 
métodos que usamos. Sen apresentacións nen pollas, simplesmente chegar a unha 
sala con catro ou cinco ordenadores co esencial instalado 
(linux+kde+gnome+kbabel+poedit+os guións que usemos, e por en comun o que 
facemos e listose fai falla, que cada un chegue cun lapis usb cos que 
precise. E tirar unhas fotos, claro.

Que penso que é o que deberían facer?
pois en esencia o que dixen desde o principio: xuntarse contigo e con Nacho 
Casal, o de gnome, --tal vez con mais xente da que tedes responsabilidade e 
autoridade sobre os  proxectos reais-- e ver que recursos pode pór a xunta 
para axilizar o proceso, ...definir un fluxo de traballo na tradución, ver se 
vos interesa e como se podería facer para integrar usar unha interface web no 
fluxo ordinario de traballo, ver que persoal podería por --a tempo parcial-- 
a xunta a traballar nisto, etc, etc, etc.

Pero, en fin, isto é unha república bananera.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpbCnC3JeZa2.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a